PÁXINAS DE INTERESE

EDITORIAIS

martes, 19 de marzo de 2013

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO: 23 DE ABRIL DE 2013


Día del libro 2013 - Iniciativas del Día mundial del libro

Adiantamos información sobre este día tan especial como é o adicado aos LIBROS  e aos LECTORES DE TODO O MUNDO.
Xa iremos engadindo máis información e actividades.

sábado, 16 de marzo de 2013

FINA CASALDERREY



Esta escritora ben coñecida por vós, e recoñecida por moitos máis, xa forma parte da RAG (Real Academia Galega).




Pero non a mencionamos por iso, senón porque queremos que sigades lendo os seus libros, libros que temos na Biblioteca e a nosa mascota biblioreta quérevolos mostrar.
   
                                                                                              
                                                                           

ENSAIANDO...

Algúns alumnos de 5ºA e 5ºB andan facendo uns ensaios a partires do libro que vedes aquí.

Este libro é unha marabilla, non só porque o diga eu, senón porque o seu ilustrador xa vale o seu peso en ouro:
Benjamin Lacombe.




 



Queredes saber algo máis deste debuxante?:
"El herbario de las hadas"                                                                                Outros libros:
        
Esta é unha pequena mostra do que andan a facer. Ánimo chicos e chicas!

viernes, 15 de marzo de 2013

COMO ORGANIZAR OBRADOIROS DE CONTOS EN INFANTIL

X a sabemos que as mestras de Infantil sodes especiais, pero sempre vai ben ter novas ideas ou lembrar pequenos detalles.
No blogue de SM facilitan actividades boas e prácticas,


martes, 12 de marzo de 2013

SEMANA DA PRENSA

Nesta semana imos darlle un repaso aos periódicos.

As propostas son as seguintes:


  • Cos titulares
  1. Identificalos, recortar algúns e facer unha composición.
  2. A partir dun titular escribir unha noticia e ilustrala.
  3. Coas letras de distintos titulares, compoñer novos titulares sen sentido e graciosos.
  • A noticia:
  1. Ler algunha noticia e resumila.
  2. Como se fai unha noticia: a partir das preguntas QUE, QUEN, CANDO, ONDE, PORQUE, COMO.
  3. Facer un seguimento dunha noticia destacada durante varios días.
  4. Recortar varias noticias e facer unha composición simpática xuntando partes de noticias diferentes.
  • Publicidade:
  1. Que tipo de publicidade hai no xornal.
  2. Realizar un anuncio publicitando a lectura de xornais.
  3. A partir dun anuncio publicitario facer un quebracabezas, un colaxe, unha montaxe mezclando varios anuncios.
  • A entrevista:
  1. Pensar a quen e por que lle queredes facer a entrevista.
  2. Escribir as preguntas que lle ides formular, para que non se vos esquezan e para confirmar cales son as que faceredes.
  3. Realizar a entrevista.
  4. Cando a vaiades escribir, primeiro tedes que poñer unha introdución falando desa persoa; logo, a entrevista e, por último, unha breve opinión do resultado.

Seguro que a vós se vos ocurren moitas máis cousas para facer co xornal...

Esperamos poder velas.

   

lunes, 11 de marzo de 2013

NOVIDADES





Estes son os libros recén chegados á Biblioteca:

viernes, 1 de marzo de 2013

FESTIVAL DE ROSALÍA

Non é sen tempo...pero xa sabedes que ás veces a tecnoloxía xoga un pouco ás agachadas.
En fin, aquí tedes os vídeos do festival adicado a Rosalía de Castro e tamén aos 150 anos de "Cantares Gallegos".
Participástedes grupos moi ben preparados e tiñades moita ilusión por facelo e tamén por ver aos compañeiros. Houbo poemas orixinais: un falaba da Feira do Cocido de Lalín e o outro...bo! Xa vos estou dando moitas pistas.
Mellor é velos.

Neste actuaron alumn@s de primaria:


Aquí están o pequechos de infantil: