PÁXINAS DE INTERESE
▼
EDITORIAIS
▼
martes, 28 de octubre de 2014
lunes, 6 de octubre de 2014
CIENCIA E MATEMÁTICAS
Para ir entrando en materia, xa que pronto comezaremos coas "xornadas" sobre Matemáticas e Ciencia na Biblioteca, imos coñecer máis polo miúdo a un científico famoso, de todos os tempos...
ALBERT EINSTEIN
CELEBRANDO ANIVERSARIOS
Chegar aos 50 anos e que non se note na pel, na cara nin nas ideas...iso si que é un gran mérito.
Sobre todo se se segue a ter seguidores, ou mellor dito, lectores fieis ao que se di, se pensa e se fai.
Quen está de aniversario? Pois a nosa amiga MAFALDA e a tamén chamativa e extravagante PANTERA ROSA.
Sobre todo se se segue a ter seguidores, ou mellor dito, lectores fieis ao que se di, se pensa e se fai.
Quen está de aniversario? Pois a nosa amiga MAFALDA e a tamén chamativa e extravagante PANTERA ROSA.
E para continuar na súa compaña, quédanvos aquí algúns vídeos destes personaxes tan fantásticos.
jueves, 2 de octubre de 2014
AS LARANXAS MÁIS LARANXAS...
As laranxas máis laranxas de todas as laranxas pasou a ser a primeira peza teatral destinada ao público infantil posta en escena polo Centro Dramático Galego. Esa vella arela que un día reivindicara publicamente Cándido Pazó no nome de todos os mediadores da literatura infantil e de toda a rapazada deste país levouse a cabohai máis dunha década.
A obra que fora o primeiro premio do certame de teatro O Facho pasou a ser tamén a primeira obra representada polo CDG. Carlos Casares, o seu autor ben o merecía. O elenco, a posta en escena, a escolla da dirección (o portugués José Martíns), a música e todo o que xirou arredor desta obra constituiu unha aposta ilusionante.
Agora, volve as táboas co CDG e Jose Caldas. Os nenos e as nenas non son sempre os mesmos e poderán espertar á ilusión e á cretividade das mans desta peza.
Esta é a guía didáctica.
EXPOSICIÓN MIGUELANXO PRADO
Ata o 31 de decembro pode visitarse no Museo das Peregrinacións (Santiago de Compostela) unha exposición antolóxica de Miguelanxo Prado. Lembremos que o último recoñecemento que recibiu, este creador, foi o Premio Nacional de Banda Diseñada.
A exposición reúne 59 obras orixinais de toda a carreira de Miguelanxo Prado. Divídese en dúas partes. A sala grande do museo está dedicada ao mar, unha constante na traxectoria do artista e nela poden verse obras de De Profundis, Ardalén,Trazo de Tiza, xunto con distintas ilustracións que teñen en común esta temática.
Nesta mesma sala móstranse ilustracións da cidade de Santiago de Compostela, pola que Prado sente unha especial debilidade. Ademais, en tres vitrinas recóllese unha selección das súas obras en distintas linguas, xa que é un dos autores galegos máis traducidos, ata a 17 idiomas.
Noutra sala pódese ver un compendio dos seus primeiros traballos no mundo do cómic e ilustracións que ten realizado para outros escritores galegos e de fóra. Neste espazo tamén se lle rende unha pequena homenaxe ao Xabarín, que Miguelanxo Pradou creou nos noventa. E proxéctase Os Vixilantes do Camiño, a serie de animación en 2D que produciu para a Televisión de Galicia en 1999, inspirada no Camiño de Santiago e que protagonizan os personaxes do Xabarín Club.
Así se recolle na páxina do concello.
SEMPRE EN GALIZA
Desde Fervenzas literarias:
"O Consello da Cultura Galega e a editorial Galaxia acaban de publicar, co gallo do 70 aniversario da edición do Sempre en Galiza, unha aplicación coa obra cumio de Castelao para dispositivos Android, Tablets e dispositivos móbiles.
"O Consello da Cultura Galega e a editorial Galaxia acaban de publicar, co gallo do 70 aniversario da edición do Sempre en Galiza, unha aplicación coa obra cumio de Castelao para dispositivos Android, Tablets e dispositivos móbiles.
A aplicación Sempre en Galiza está estruturada en diferentes apartados. Os usuarios que se descarguen a app terán acceso tanto ao libro completo como a contidos complementarios, como estudos sobre o proceso de elaboración, o pensamento político de Castelao e as ideas lingüísticas realizados por Alfonso Mato, Henrique Monteagudo, Ramón Maíz e Xusto Beramendi; os cadernos manuscritos; material sobre Castelao, que inclúe unha biografía, unha fotogalería e un interesantísimo video gravado por Elixio González en Bos Aires a partir de 1940.
Sempre en Galiza supón unha das obras máis importantes sobre a identidade galega. Publicouse no ano 1944 en Arxentina, país onde se exiliou Castelao tras o alzamento militar. O libro inclúe artigos, ensaios, conferencias, discursos xunto a material pensado especificamente para a obra por parte do político e escritor rianxeiro."
Aquí, na páxina do Consello da Cultura Galega, está o enlace para a descarga.
Aquí, na páxina do Consello da Cultura Galega, está o enlace para a descarga.
BENVIDA
Benvidos ao novo curso
Aquí estamos de novo coas portas abertas e moitas ideas para poñer en marcha...
Xa temos moitas cousiñas organizadas e outras tantas voando pola cabeza. Iso quere dicir que o imos pasar moi ben na BIBLIOTECA de Biblioreta.
Comezamos!