PÁXINAS DE INTERESE

EDITORIAIS

miércoles, 28 de enero de 2015

PAZ NO SEU DÍA

Téñense presentes moitos símbolos e frases para a PAZ e a intención segue a ser a mesma...que perdure no tempo.

Un lapis pola PAZ e a LIBERDADE DE EXPRESIÓN:

 Cada unha das persoas do centro vai deixando a súa mensaxe pola paz...


Para esta conmemoración o grupo de 4ºB deseñou e pintou un mural aludindo aos valores que temos que ter presentes sempre na nosa vida, así como unha reseña ao acontecido en París na revista Charlie Hebdo:



E tamén recibimos unha sorpresa cando vimos unhas viñetas feitas polo alumnado de 6º. Nelas manteñen a reseña "je suis" e representan a todo o persoal do centro: conserxe, cociñeiros, mestres, etc., cunha frase propia de cada persoa. 
Vamos, que xa nos coñecen moi ben....


E para non perder o ritmo, a canción que nos acompaña este ano é....

viernes, 23 de enero de 2015

SALVADOR DALÍ


Hoxe cúmprense 26 anos do pasamento de Eugenio Salvador Dalí.

Para coñecer ou lembrar a súa obra, quédavos aquí a páxina con recursos para traballar, da Fundación Dalí.








Tamén no blog "COMETA AZUL" atoparedes marabillosas ideas.

viernes, 9 de enero de 2015

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Unha vez máis unímonos en contra desta lacra que segue existindo na nosa sociedade, pola que moitos nenos e nenas sufren sendo eles tamén os protagonistas e vítimas destes acontecementos.

Atendendo á temática que se traballa dende a Biblioteca, "As civilizacións, pobos e culturas antigas", entre as distintas clases foise cubrindo un mapa rosa con caras de mulleres de distintas culturas:


 






Tamén os alumnos de primeiro de primaria puxeron o seu graniño de area. Lembrando como eran as mulleres celtas, fixeron este mural:

        



MES DA CIENCIA MATEMÁTICA

Durante o mes de novembro fomos levando polas aulas a ciencia e, sobre todo, as matemáticas.

Despois de visionar unha presentación relacionando a arte e a ciencia, realizáronse pequenos obradoiros sobre os teselados e mosaicos (complementando coa súa explicación).

Estas son as sesións en 5º e 6º:

 

 



CONTANDO, CONTANDO

Menos mal que sempre temos contacontos no cole.

Os máis maiores, de 5º e 6º, prepararon e contáronlle aos nenos e nenas de infantil unhas cantas historias. Por suposto, o público, coma sempre, foi do mellorciño.


 

 



SAMAÍN

Coma todos os anos, os nenos e nenas do centro prepararon cabazas para o Samaín.....e, a verdade, estaban DE MEDOOOO!!!