Como inspiración, podemos recorrer a estas propostas que grandes intérpretes galegos teñen realizado arredor da obra Rosaliana (podedes buscar os textos e localizalos na obra de Rosalía, e pensar se algunha vez vos tedes sentido deste xeito):
PÁXINAS DE INTERESE
EDITORIAIS
viernes, 19 de febrero de 2021
MUSICANDO A ROSALÍA
Como inspiración, podemos recorrer a estas propostas que grandes intérpretes galegos teñen realizado arredor da obra Rosaliana (podedes buscar os textos e localizalos na obra de Rosalía, e pensar se algunha vez vos tedes sentido deste xeito):
CON ROSALÍA: ACTIVIDADE DA AELG E ROSCO
PROPOSTAS DA AELG
Propostas didácticas:
A proposta didáctica para coñecer, reinterpretar e difundir a obra de Rosalía, baséase na creación dun vídeo curto apto para o consumo en redes sociais (para o alumnado de máis idade) ou para difusión no propio centro, en circuítos pechados ou cara ás familias (no caso de alumnado de menor idade). Para facelo, desde a AELG, ofrecemos diversos xeitos de participar:
Neste ano, tendo en conta a situación sanitaria correspondente e tamén os ánimos que aniñan nas aulas, reivindicamos a idea de Rosalía de Castro desde a música, desde o ritmo do poema, desde a actualidade e o espírito de liberdade, superación e anovador da poeta chegado aos nosos días. Podemos cantar, podemos expresarnos a través do movemento, podemos concentrar os sentimentos que se revolven no noso interior a través da modulación da voz. Ela xa o fixo, deixando textos que reivindican a nosa realidade, malia estaren escritos hai ben de anos.
Ela xa o fixo a través da visión política da paisaxe, do feminismo, da forza, do tesón, do amor e da dor, a través dos camiños líricos e narrativos, das accións. Ela deixou un legado que podemos recoller e levar ás nosas realidades de aula. Ante as condicións de supervivencia, atopemos esas forzas que nos anovan, que manifestan as dores e as ledicias a través da voz e do xeito de cantar.
Desde a AELG convidámosvos a participar no festexo de Rosalía de Castro a través das seguintes propostas para o día 24 de Febreiro (mércores) de 2021, a propia semana ou para facelas perdurar no tempo tendo en conta o carácter eterno da nos Rosalía.
Propostas para INFANTIL E PRIMARIA
THE LELLI KELLIES- A clase é un galiñeiro…
A que algunha vez o tedes pensando? A que algunha vez o alumnado ten escoitado esa expresión vindo de nós? “Esta clase parece un ghaliñeiro!” Pois que sexa. Que sexa un ghaliñeiro que lembre un dos poemas de Rosalía. The Lelli Kellies ofrécenos unha pequena versión para empregar na aula e reproducir a letra e coreografía, nos lugares de traballo e grupos burbulla correspondentes, desta proposta divertida que nos permite descargar adrenalina e botar unha gran risotada. Cacarexar as frustracións!
Escoitade a proposta e tratade de levala a cabo na aula coa rapazada. Primeiro podedes xogar a adiviñar o que di a letra e sobre que trata. Engadimos unha pequena ficha de traballo para que se poida concretar na aula e que a nosa rapazada teña o seu verdadeiro pasaporte Rosaliano do día 24. Rosalía desconfinada!
Actividades de aula:
1.- Proxectamos o vídeo:
2.- Reto 1: Intenta cacarexar ao tempo que o fan os protagonistas do vídeo
3.- Cres que os protagonistas do vídeo son galos ou galiñas? Por que? (Escribe o porqué en 7-10 palabras, e só podes usar un adxectivo).
4.- Completa a letra:
Isca d’______
_________ maldita,
Isca d’_____
Nó me mate-la ______.
Isca d’_______
Galiña _______
Isca _______
Pra ______ tua dona.
Cantares gallegos. Rosalía de Castro. 1863.
Vente, rapasa
5.- Poderías cantar a canción sen escoitala de fondo? Intentádeo (Lembrade mover os brazos como se tivésedes ás) para poder canalizar toda a forza creadora das/dos poetas.
6.- Debúxate como se foses un galo/galiña/paxaro do teu gusto.
7.- Hora de dalo todo! Gravamos en vídeo o noso baile e canción Rosaliana imitando aos Lelli Kellies!
Xogo tipo Pasapalabra:
Da BE "Blogesquío"
CON ROSALÍA DE CASTRO
DÍA DE ROSALÍA
Para ir comezando coas propostas deste día, deixamos un encrucillado sobre aspectos de Rosalía de Castro. Desde 3º de primaria poderíase facer.
Non vos perdades as outras entradas no blog con actividades para conmemorar á nosa Rosalía!!
jueves, 11 de febrero de 2021
11 DE FEBREIRO: DÍA DA NENA E DA MULLER CIENTÍFICAS
Deixamos máis recursos:
Curtametraxe:
DÍA DA NENA E DA MULLER NA CIENCIA: 11 DE FEBREIRO
Co gallo desta data deixamos recursos variados para que poidades afondar no tema.
Serie de animación "La mujer en la ciencia"
Serie didáctica "Mujeres en la ciencia": cuentos y biografía
Vídeos "Corazón de investigadora"
"De mayor quiero ser científica"
Exposición virtual "Exxperimenta en feminino"
Biografías de científicas pioneras
Presentacións de científicas: primaria e infantil
Vídeos de científicas españolas actuais
Xogos de cartas das mullres científicas
Fichas do xogo Babelbox científicas
viernes, 5 de febrero de 2021
PDI: LIBROS DE CINE "AUGUST"
Seguimos con máis propostas para este nivel.
PDI: LIBROS DE CINE "ASTERIX E OBELIX"
En 5º de primaria gustoulles a idea de coñecer a estes divertidos personaxes e as súas aventuras.
Pois deixamos entón unha proposta de Genially.
miércoles, 3 de febrero de 2021
PDI: LIBROS DE CINE "AUGUST"
En 6º de primaria están lendo e traballando o libro "Wonder. La lección de August"
Buscando buscando, atopáronse algunhas actividades para xogar e aprender ao redor dese libro e desa peli.
PROXECTO: "OS LIBROS DE CINE"
Neste curso estamos a traballar o cine desde a perspectiva dos libros. É dicir, libros que teñen película, curta ou vídeo.
Estas son as elixidas:
4º INFANTIL (A-B-C) OS TRES PORQUIÑOS
5º INFANTIL (A-B-C) O SOLDADIÑO DE CHUMBO
6º INFANTIL (A-B-C) COCORICO
1º PRIMARIA O GRÚFALO
3º PRIMARIA A BRUXA REGAÑADENTES
4º PRIMARIA ARRUGAS
5º PRIMARIA ASTERIX Y OBELIX
6º PRIMARIA WONDER / LA LECCIÓN DE AUGUST
Cada aula prepara a súa porta decorando cos motivos da peli e/ou libro.
Neste segundo trimestre, imos traballar tendo en conta os ODS.
Deixamos documentos para que poidades informarvos e coller ideas: