PÁXINAS DE INTERESE

EDITORIAIS

viernes, 20 de junio de 2025

PEQUENOS CINEASTAS.

Que mellor forma de rematar as clases que cun premio! Si, os nenos e nenas de 5º A de Educación Infantil acaban de recibir un. O 1º premio da categoría 1 do programa Nós Tamén Creamos! pola súa curtametraxe, Árbores no Camiño.

A principios de curso, a editorial OQO envioulles unha ducia de contos que os cativos e máis as súas mestras leron concienzudamente. De entre todos, escolleron un, Árbores no Camiño.
 




 
A profe Mª José Fernández fixo unha adaptación do mesmo achegando a historia á nosa contorna, dándolle un papel protagonista ás nosas árbores autóctonas, en especial ao Carballo da Manteiga e, a partir de aí, todo foi crear. Velaquí o resultado.
 
 


Gustou tanto que resultou premiada. 
Como premio, ademais dunha estatuiña, déronlles un fermoso saco cheíño de libros que agora forman parte desta biblioteca e que podedes ler cando queirades.













miércoles, 11 de junio de 2025

CONTANDO CONTOS

Estas últimas semanas estamos disfrutando un montón coas diferentes sesións de contacontos. 
O outro día, da man de David Rodríguez e da súa amiga Uxía, demos un paseo pola beira do mar.



David tamén nos falou, a través dunha fermosa canción composta por el, dos poderes extraordinarios que ten a súa superavoa.


E hoxe, antigos alumnos e alumnas do centro que agora están no IES Aller, en 1º de Bach, volveron lembrar vellos  tempos de xogos e risas no patio contándolles contos aos máis pequenos e compartindo con eles parte do seu tempo.




Grazas a todos e a todas!