PÁXINAS DE INTERESE

EDITORIAIS

jueves, 20 de febrero de 2014

PAULA CARBALLEIRA

A vindeira semana, teremos o pracer de recibir a visita de Paula Carballeira, narradora de contos, actriz, escritora...ela preséntase do seguinte xeito:

Un sete de setembro chorei por primeira vez. Estaba nacendo. Ata os 17 anos vivín en Maniños, no Concello de Fene, descubrindo e explorando unha certa inclinación a fabular outros mundos, preferentemente na literatura e no teatro. Despois marchei a Santiago de Compostela, onde eu tiña pouco que chorar porque o ceo botaba bágoas a máis non poder. Alí seguín escribindo e disfrazándome en peles de personaxes que me ofrecían outras vidas, outras palabras. Ata hoxe. Pertenzo á compañía de teatro Berrobambán, vou contando contos polo mundo, e nunca mellor dito, pois grazas á antiga arte de contar historias teño participado en festivais de narración oral nacionais e internacionais, e levo publicado uns cantos libros. Tendo en conta que xa plantei algunha que outra árbore, fáltame ter un fillo. Mentres, seguirei viaxando.

Ten escrito moitas obras: de poesía, de teatro, contos, etc., sempre coa intención de facer pensar, de provocar un sorriso, de conseguir ledicia.
Querédela ver contanto un conto.....
Pois preséntovos a PAULA CARBALLEIRA:



Algúns dos seus libros atoparédelos na biblioteca: "O principio", "Un porco e unha vaca xa fan un zoolóxico", "Correo urxente", "Boas noites", etc.

Pero...seguimos a mostrar a súa destreza...desta vez cun vídeo dun conto escrito por ela..."PACO"



E tamén dous dos seus libros...para ler e desfrutar: "Smara" e "O principio"


No hay comentarios:

Publicar un comentario