PÁXINAS DE INTERESE

EDITORIAIS

martes, 31 de marzo de 2020

OQO FILMES

Desde a páxina de curtas de OQO poderedes desfrutar de curtas de animación con personaxes feitos con materiais moi variados: plastilina, cortiza, papel...e a técnica stopmotion.

Por exemplo:

"CARACOIS. ACCIDENTE"


TEATRO "A VERDADEIRA HISTORIA DOS TRES PORQUIÑO"

"A VERDADEIRA HISTORIA DOS TRES PORQUIÑOS E O LOBO FEROZ" de Teatro del Andamio



Animádesvos a crear uns títeres e facer o voso propio teatriño?

KALANDRAKA: CONTOS CONTADOS

A coñecida editorial galega ten un apartado na súa páxina Kalandraka TV chamada

onde diversas persoas contan contos da editorial. Podedes desfrutar dela sempre que queirades...

Temos, por exemplo, "O coelliño branco" contado por Bea Campos




CANCIÓN EN LSE

Canción de Pablo Díaz, titulada "Imos contar un conto".




ROSA CONTRA EL VIRUS

Un conto que fala do coronavirus e doutros virus.


XOGOS DE LECTOESCRITURA

Así practicamos e non esquecemos o que xa sabemos...


MUSEOS VIRTUAIS

Xa que non podemos ir aos museos, pois que veñan os museos a nós...


Le opere delle Gallerie degli Uffizi, onde veredes os artistas máis importantes do Renacemento italiano


Museo del Louvre, en París


Museo del Prado: se picades na liña do tempo poderedes ver o ano en que se pintou cada obra, podedes buscar por artista e visitar todas as súas obras, 

se picades na sección APRENDE poderedes xogar cuns retos que vos propeñen desde o Museo para vós ou en familia





ESCOITAMOS UN CONTO

Hoxe imos ler e escoitar o conto "Frederick"


CANTANDO, CANTANDO...

Hoxe vai de cancións...

"Dime que fixeches". CANTA CONNOSCO de Migallas Teatro





CINE NA CASA

As curtas de animación son propias para estes días, xa que en pouco tempo podemos ver varias historias sen chegar ao aburrimento...

Aí vos van algunhas para varios días.








PARA QUEDAR NA CASA...TEATRO

Desfrutar desde casa dunha boa obra de teatro poucos veces se pode facer...

Desta volta, a compañía Tropa de Trapo ofrécenos:

 "4 monos"



O RITMO DO CAMIÑO. CONTO DE KINSHASA

GALICIA LE

A Xunta de Galicia acaba de abrir a todo o público o seu catálogo dixital con máis de 4.500 obras.

A través da plataforma Galicia Le, poderás acceder en préstamo a tódolos contidos dixitais da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Isto inclúe libros en galego, castelán e noutros idiomas como inglés, francés, italiano, catalán ou éuskaro.

Tamén máis de 300 obras audiovisuais galegas e tódalas publicacións de 31 revistas.

So tes que entrar na plataforma https://www.galiciale.gal/ e rexistrarte como usuario. Desde o ordenador, tablet ou móbil xa podes desfrutar de todo o catálogo.


NA CASA....LENDO

Nesta tempada son moitas as editoriais, asociacións ou particulares que deixan libre as súas obras e permítennos acceder a elas de forma gratuita, ou simplemente lanzan un novo espazo para que poidamos entrar nel e disfrutar.

Por exemplo:

PINTAR Y PINTAR EDITORIAL ten unha páxina onde podemos ler contos, áñbumes ilustrados...se vedes algún que vos guste, xa sabedes, á volta comentádeo para que poidamos compralo para a Biblioteca.