A Xunta de Galicia acaba de abrir a todo o público o seu catálogo dixital con máis de 4.500 obras.
A través da plataforma Galicia Le, poderás acceder en préstamo a tódolos contidos dixitais da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Isto inclúe libros en galego, castelán e noutros idiomas como inglés, francés, italiano, catalán ou éuskaro.
Tamén máis de 300 obras audiovisuais galegas e tódalas publicacións de 31 revistas.
So tes que entrar na plataforma https://www.galiciale.gal/ e rexistrarte como usuario. Desde o ordenador, tablet ou móbil xa podes desfrutar de todo o catálogo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario