Comezamos un novo curso con moita ilusión pero con moita precaución, xa que seguimos a manter protocolos sanitarios debido á continuidade da situación COVID-19.
Na Biblioteca teremos en conta as seguintes normas:
1.- Antes de entrar e ao saír bota xel hidroalcohólico para desinfectar as mans.
2.- Obrigatorio o usa da máscara.
3.- Mantén a distancia de seguridade. As mesas están sinalizadas para que saibas onde podes sentarte.
4.- Non toques os libros. Bota unha ollada e se che interesa algo, avisa á encargada ou ao teu mestre/a.
- Cada titor/a anotará os empréstitos de aula ou os que lle faga ao seu alumnado no caderno correspondente, identificando co seu nome e grupo.
5.- Cando devolvas un libro ou outro fondo, aillarémolo 4 horas ata devolvelo aos andeis na caixa destinada a iso.
6.- O aforo máximo permitido é de 20 persoas.
- Un grupo estable de convivencia, é dicir, os da mesma clase, poderán entrar xuntos co seu titor/a na hora que lles corresponda.
7.- Para asistir nos recreos, farase reserva e sempre teñen que ser os da mesma aula (grupo de convivencia).
8.- Se queres aproveitar para traballar na Biblioteca durante o recreo, trae o teu material xa que non se pode compartir.
9.- O uso dos ordenadores queda limitado ao profesorado.
10.- Despois de pasar pola biblio debes desinfectar o teu sitio e o material que empregaras. Para iso facilitámosche panos e líquido desinfectante.
11.- O espazo Maker e a sección de xogos só se poderán utilizar de maneira individual, desinfectando despois do seu uso.
12.- Respectar as zonas de entrada e saída, e o modo de circulación pola Biblioteca.
13.- Cada mestre xestionará o empréstito dos seus alumnos, partindo da biblioteca de aula.
- Para o empréstito na bilioteca, tamén podes reservar o exemplar que se desexa a través do enderezo electrónico biblioteca.ceipxesusgolmar@gmail.com e buscando o que che interesa no noso catálogo de OPAC Meiga
14.- A Biblioteca só abrirá en horario de mañá.
Poderá xurdir calquera modificación atendendo ás recomendacións sanitarias da Consellería de Sanidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario