A UNESCO propón a celebración da semana AMI baixo o lema: Resistir a Desinfodemia: Alfabetización mediática e informacional para todos e por todos. Destácase a necesidade de recoñecer o noso interese común por mellorara as competencias de todos para actuar criticamente coa información, os medios de comunicación e a tecnoloxía, mentras participan do desenvolvemento social.
A desinformación xa existía antes da COVID-19, mais esta pandemia incrementou a difusión de noticias falsas e estafas cibernéticas que se nutren do medo e da desesperación da poboación, polo que a UNESCO acuñou un novo termo para este fenómeno: desinfodemia. Ademais, a desinformación na área científica resulta especialmente dañina polas súas consecuencias na poboación.
As bibliotecas escolares deben , máis que nunca, reforzar o traballo cos medios de comunicación e identificación das noticias falsas e as competencias ALFIN e AMI.
No hay comentarios:
Publicar un comentario