PÁXINAS DE INTERESE

EDITORIAIS

jueves, 4 de julio de 2024

CAIXA DE LECTURA: A BOTELLA DE LENTELLAS

 Unha caixa de lectura consiste en aportar obxectos (feitos a man, reutilizados, debuxos, etc.) que intenatan aportar ideas sobre ol ibro lido.

Neste caso foi con "A botella de lentellas". Despois de lectura dialóxica, cada alumno aportou a súa caixa.

Cada unha, máis orixinal.







OS MALOS DOS CONTOS

 Este foi un dos proxectos que traballaron en EI.

Parece ser que hai moitos malos...pero non tan terroríficos....











OBRADOIROS DO LUNS: MINIMUNDOS E PEZAS SOLTAS

 Isto dos minimundos é un xogo interminable.

Calquera peza, calquera elemento da lugar a crear e construír libremente, deixándose levar pola historia dun libro, polas imaxes dun álnume...

Todo consiste en deixar libre a imaxinación.

Tema como o mar xa permitiu que a creatividade entrara en acción. Materiais como area, cunchas, pedriñas, plastilina, rolo de cartón, paus de madeira....e listo!!!











DÍA DE PI, DÍA DAS MATEMÁTICAS

 Segue a ser unha asignatura que ten poucos seguidores; pero as novas metodoloxías, os libros e a imaxinación van conseguindo que esa idea torne cara unha maior aceptación das matemáticas.

Só fai falta outro punto de vista...e outras propostas.


Rosco matemático






Que contidos matemáticos atopamos nestes libros?





Exposición de libros con posibilidade de traballar as mates






CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO....IGUALDADE

 Esa foi a idea que quixeron transmitir osa lumnos e alumnas de 5º de EP coa actividade que desenvolveron en novembro.

Todas e todos podemos desempeñar as mesmas funcións e coa mesma dignidade e respecto.

Desde a Biblioteca, fixemos exposición de libros relacioandos con mulleres valentes que afrontaron a realidade da discriminación e desigualdade na súa época.






miércoles, 3 de julio de 2024

VISITA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Si, si...ledes ben!!! 

Visitounos Rosalía de Castro e estivemos lendo e comentando con ela algúns dos seus poemas....

Graza a nosa compañeira Cris pola súa caracterización e amor ás verbas e obras de Rosalía.





INTERCAMBIO DE CLUBS DE LECTURA E VISITA DE ALUMNADO DO INSTITUTO

 Como peche á actividade do Club de Lectura, xuntámonos o grupo do instituto (de 1º e 2º de ESO) co noso. Fixemos unha lectura dop rimeiro capítulo de "O misterio de Portomarín" e preparamos unha Caixa de Lectura.

Nela tiñamos diferentes obxectos relacionados con ese capítulo: un sol (polo verán), dous emoticonos: de enfado e de felicidade (polas emocións dos rapaigos), un coche con maletas (poal viaxe das vacacións), unha pulga (polo can), unha casa vella de pedra (pola zona de Portomarín e o albergue dos peregrinos), un camiño empedrado (polo Camiño de Santiago).

En canto á visita do alumnado do instituto, de 4º de ESO e de 1º de BAC de Artes, ofreceron contacontos (con libros da Biblioteca Municipal) para os alumnos de infantil acompañando con globoflexia e papiroflexia.

Momentos moi divertidos e fermosos.