Como peche á actividade do Club de Lectura, xuntámonos o grupo do instituto (de 1º e 2º de ESO) co noso. Fixemos unha lectura dop rimeiro capítulo de "O misterio de Portomarín" e preparamos unha Caixa de Lectura.
Nela tiñamos diferentes obxectos relacionados con ese capítulo: un sol (polo verán), dous emoticonos: de enfado e de felicidade (polas emocións dos rapaigos), un coche con maletas (poal viaxe das vacacións), unha pulga (polo can), unha casa vella de pedra (pola zona de Portomarín e o albergue dos peregrinos), un camiño empedrado (polo Camiño de Santiago).
En canto á visita do alumnado do instituto, de 4º de ESO e de 1º de BAC de Artes, ofreceron contacontos (con libros da Biblioteca Municipal) para os alumnos de infantil acompañando con globoflexia e papiroflexia.
Momentos moi divertidos e fermosos.