"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

martes, 31 de marzo de 2020

GALICIA LE

A Xunta de Galicia acaba de abrir a todo o público o seu catálogo dixital con máis de 4.500 obras.

A través da plataforma Galicia Le, poderás acceder en préstamo a tódolos contidos dixitais da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Isto inclúe libros en galego, castelán e noutros idiomas como inglés, francés, italiano, catalán ou éuskaro.

Tamén máis de 300 obras audiovisuais galegas e tódalas publicacións de 31 revistas.

So tes que entrar na plataforma https://www.galiciale.gal/ e rexistrarte como usuario. Desde o ordenador, tablet ou móbil xa podes desfrutar de todo o catálogo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario