PÁXINAS DE INTERESE

EDITORIAIS

jueves, 12 de noviembre de 2020

MES DA CIENCIA: Construción de instrumentos meteorolóxicos

Durante o confinamento, os experimentos nalgúns centros continuaron de diversos xeitos. Un deles, o máis práctico, foi dunhas alumnas dun instituo (IES Plurilingüe A Cachada): construír distintos instrumentos meteorolóxicos que lles permitisen medir magnitudes físicas como a presión, temperatura, humidade e velocidade do vento, creando así a súa propia estación meteorolóxica caseira.

Velaquí o traballo dos distintos experimentos que fixeron: termómetro, anemómetro, higrómetro e barómetro.

Termómetro


Barómetro


Anemómetro


Higrómetro


Termómetro

Termómetro



lunes, 9 de noviembre de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS: MES DA CIENCIA

 Se todo o que nos rodea ten relación ca ciencia... pois vaiamos lendo nalgún destes libros que de seguro sacamos moitas ideas e novos puntos de pvista.



DICIONARIO CIENTÍFICO: O QUARK

 Nun artigo da web GCiencia, podemos ler unha curiosidade sobre a orixe do nome quark, unhas partículas que forman parte do noso mundo.

"Os quarks son os elementos máis pequenos da materia. Na física de partículas, son fermións de spin 1/2 que forman xunto ós leptóns a materia visible. Pero o seu nome vén do mundo do mar. Porque 'quark' é a onomatopea en inglés do berro da gaivota..."


Para ler o artigo completo, podes picar eiquí GCiencia Quark

miércoles, 4 de noviembre de 2020

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

 Como xa é habitual, neste mes ímoslle dar unha volta á ciencia, pero se é en Galego, mellor


 Tede en conta que non só as ciencias da natureza ou as ciencias sociais son "ciencia". Moitas áreas conteñen e traballan desde a perspectiva científica.

Recomendacións lectoras:



E moitos máis que poderás ver, consultar e ler na nosa Biblioteca.

Durante este mes iranse colgando novas recomendacións e propostas para realizar nas aulas ou nas vosas casas...atentas e atentos!!




DÍA DE NEIRA VILAS

 Un 3 de novembro, alá polo 1928, en Gres (Vila de Cruces) nacía o que foi un gran escritor en lingua galega, ademais de periodista, ensaista e poeta: XOSÉ NEIRA VILAS

No noso centro e en coordinación coa Biblioteca e o EDLG, propóñense diversas actividades, pero sobre todo, a lectura de fragmentos dos seus libros e a lembranza de ese home que escribíu sobre a Galicia rural alí onde emigrou, sen vergoña e con morriña.

Podemos visitar a Fundación que leva o seu nome.

Fundación Xosé Neira Vilas

Na Biblioteca dispoñemos dun gran número de exemplares do autor que lle da nome .




viernes, 30 de octubre de 2020

CURTA DE MEDO POLO SAMAÍN

Polo Samaín adóitase a ter medo, a sentir arrepíos... ou iso din!!!

Pero penso que non é para tanto...

Seguro que vós sodes moi valentes!!!

Ídelo comprobar vendo esta curta..."A bruxa regañadentes"

martes, 27 de octubre de 2020

ILUSTRACIÓNS DINÁMICAS

Sabedes que é un relato con ilustracións en movemento?

Non é tan fácil como pensades pero é doado de facer se temos clara a historia.

Cunha estrutura de cartolina, ganas de debuxar e moita cor, poderemos conseguir algo como isto:


 Relato por Isabel Blanco

Animádesvos?

SEMANA AMI: ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL

 A UNESCO propón a celebración da semana AMI baixo o lema: Resistir a DesinfodemiaAlfabetización mediática e informacional para todos e por todos. Destácase a necesidade de recoñecer o noso interese común por mellorara as competencias de todos para actuar criticamente coa información, os medios de comunicación e a tecnoloxía, mentras participan do desenvolvemento social.

A desinformación xa existía antes da COVID-19, mais esta pandemia incrementou a difusión de noticias falsas e estafas cibernéticas que se nutren do medo e da desesperación da poboación, polo que a UNESCO acuñou un novo termo para este fenómeno: desinfodemia. Ademais, a desinformación na área científica resulta especialmente dañina polas súas consecuencias na poboación.

As bibliotecas escolares deben , máis que nunca,  reforzar o traballo cos medios de comunicación e identificación das noticias falsas e as competencias ALFIN e AMI.







martes, 20 de octubre de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS

 O 19 de outubro conmemórase a V Edición do Día das Escritoras baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres".

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Nós queremos facer a nosa mención a Anisia Miranda, que aínda que naceu en Cuba, o seu corazón sempre estivo en Galicia, exactamente en Gres.

Foi filla de Faustino Miranda, de Verea, e Teresa Fernández, de Celanova, que emigraron a Cuba en 1927. Anisia estudou Maxisterio e Xornalismo na Habana. En 1953 a familia colleu un barco que cruzou o canal de Panamá e chegou ao porto chileno de Valparaíso; desde alí, cruzaron os Andes en tren ata chegar a Buenos Aires, onde Anisia rematou Xornalismo.

Nunha conferencia impartida por Ramón Suárez Picallo sobre Rosalía de Castro coñeceu o escritor galego Xosé Neira Vilas, co que casou o 21 de febreiro de 1957, ano no que xuntos fundaron a editorial e distribuidora de libros en galego Follas Novas. Na Arxentina comezou un importante vínculo coa cultura galega, recibindo clases de galegos no exilio como Eduardo Blanco Amor, Alberto Vilanova, Rafael Dieste, Antón Baltar ou Ramón de Valenzuela. Así mesmo, nesa época comezou a verter os primeiros textos de poetas americanos ao galego.

En xuño de 1961 regresou a Cuba, onde colaborou con Alejo Carpentier na revista Pueblo y Cultura e conduciu un programa de radio, sen deixar de escribir, sobre todo no ámbito da literatura infantil e xuvenil. Foi cofundadora de dúas revistas cubanas dirixidas ao público infantil: Zunzún e Bijirita.

En 1972 viaxou por vez primeira a Galicia, con Neira Vilas, á beira de dous meses. Tras doce viaxes máis de ida e volta, o matrimonio, xa xubilado, regresou definitivamente a Galicia en 1992, para viviren en Gres. Desde 1992 vicepresidiu a Fundación Xosé Neira Vilas.

Obras:
  • Pardela amiga.
  • Os contos do Compay Grilo.
  • A primeira aventura.[3]
  • A casa dos títeres.[4]
  • A volta do Compay Grilo.
  • Mitos e lendas da vella Grecia, 1983, Edicións do Castro.
  • A cama, a bolboreta e o paxariño. A Coruña: Ediciós do Castro, 1998.
  • Cantarolas e contos prá xente miúda. Akal, 1975. Con Xosé Neira Vilas.
  • Cantarolas. Xerais, 1995. Con Xosé Neira Vilas.


Outras mulleres destacables que podedes coñecer: (Recurso da biblio "San Paio" de Tui.)




martes, 13 de octubre de 2020

RECOMENDACIÓN LECTORA "YO VOY CONMIGO"


Rozalén ponlle voz e corazón ao conto "Yo voy conmigo" de Raquel Diaz Reguera, publicado por Thule, para poñerse nos zapatos dunha nena especial, con ás e moitos paxaros na cabeza que nos fará reflexionar sobre o concepto de aceptarse e quererse a un mesmo a pesar da mirada dos demais.

Un conto precioso e necesario, que reflexiona sobre a importancia de ser un mesmo, sen deixar que o entorno nos faga diferentes e sobre a importancia de dar valor ás nosas características ... a eses paxaros na cabeza que todos temos, aínda que ás veces os deixemoss enxaulados.




viernes, 25 de septiembre de 2020

PLAN DE ADAPTACIÓN DA BIBLIOTECA Á SITUACIÓN COVID-19

Comezamos un novo curso con moita ilusión pero con moita precaución, xa que seguimos a manter protocolos sanitarios debido á continuidade da situación COVID-19.

Na Biblioteca teremos en conta as seguintes normas:

1.- Antes de entrar e ao saír bota xel hidroalcohólico para desinfectar as mans.

 

2.- Obrigatorio o usa da máscara.

 

3.- Mantén a distancia de seguridade. As mesas están sinalizadas para que saibas onde podes sentarte.

 

4.- Non toques os libros. Bota unha ollada e se che interesa algo, avisa á encargada ou ao teu mestre/a.

 

  • Cada titor/a anotará os empréstitos de aula ou os que lle faga ao seu alumnado no caderno correspondente, identificando co seu nome e grupo.

 

5.- Cando devolvas un libro ou outro fondo, aillarémolo 4 horas ata devolvelo aos andeis na caixa destinada a iso.

 

6.- O aforo máximo permitido é de 20 persoas.

 

  • Un grupo estable de convivencia, é dicir, os da mesma clase, poderán entrar xuntos co seu titor/a na hora que lles corresponda. 

 

7.- Para asistir nos recreos, farase reserva e sempre teñen que ser os da mesma aula (grupo de convivencia).

 

8.- Se queres aproveitar para traballar na Biblioteca durante o recreo, trae o teu material xa que non se pode compartir.

 

9.- O uso dos ordenadores queda limitado ao profesorado.

 

10.- Despois de pasar pola biblio debes desinfectar o teu sitio e o material que empregaras. Para iso facilitámosche panos e líquido desinfectante.


11.- O espazo Maker e a sección de xogos só se poderán utilizar de maneira individual, desinfectando despois do seu uso.


 12.- Respectar as zonas de entrada e saída, e o modo de circulación pola Biblioteca.


13.-  Cada mestre xestionará o empréstito dos seus alumnos, partindo da biblioteca de aula.

 

  • Para o empréstito na bilioteca, tamén podes reservar o exemplar que se desexa a través do enderezo electrónico biblioteca.ceipxesusgolmar@gmail.com  e buscando o que che interesa no noso catálogo de OPAC Meiga

 

14.- A Biblioteca só abrirá en horario de mañá.

 

Poderá xurdir calquera modificación atendendo ás recomendacións sanitarias da Consellería de Sanidade.

miércoles, 13 de mayo de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

As pitas baixo a choiva é un relato breve que narra un feito anecdótico da infancia do autor. Descobre o neno desde a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar e el téntaas facer entrar ó galiñeiro; elas asústanse e, ao final, todos os membros da familia acaban mollados como pitos. 

Publicado na revista Lar en 1952.


E se queredes ler o conto...



ESCAPE ROOM CARVALHO CALERO

Neste xogo terás que ir respondendo para avanzar. Sinxelo pero entretido, coñecerás a Carvalho Calero.



OS MAIOS

A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.



A celebración das festas de maio é común en moitos países de Europa, onde existen variantes similares da mesma festividade.

A festa consiste en realizar diversas representacións ao redor dunha árbore ou escultura, chamada maio. Grupos de xente cantan coplas populares (que tamén reciben a denominación de maios), ás veces dialogadas, mentres camiñan arredor da escultura, acompañados da percusión de dous paus. Era habitual pedir aos asistentes un aguinaldo que, por Lugo e Ourense, adoitaba consistir nunha presada de castañas maiolas (castañas secas), noces ou abelás, substituído hoxe por diñeiro.

Propuxemos ao alumnado fecer un Maio. E, certo é, que son ben chulos!!1













CULTURA ORAL

Deixamos un sitio onde amosan unha sección da Literatura de Tradición Oral. Nela poderedes escoitar contos, regueifas, cantos... por persoas maiores, que son en realidade os transmisores da nosa Lingua e Cultura Galegas

Moi recomendable!!

https://www.aelg.gal/Polafias/

GALEGOS E GALEGAS FAMOSOS

Neste portal poderedes coñecer a outras persoas galegas recoñecidas pola súa labor na sociedade.


http://galegos.galiciadigital.com/es

OUTROS ANOS DAS L ETRAS

Queredes lembrar a que outros escritores e escritoras se homenaxeou estes anos pasados?


http://diadasletrasgalegas.galiciadigital.com/

martes, 12 de mayo de 2020

TELEXORNAL "CARVALHO CALERO"

Realizado polo Departamento de Lingua e Literatura Galega do CPI dos Dices



domingo, 10 de mayo de 2020

LECTURAS DE ABRIL

A rapazada de primeiro de primaria leu moito no mes de abril, Mes do Libro.

Ollade cales foron os seus favoritos:


miércoles, 6 de mayo de 2020

MONSTROS DE RISA

O Salón Virtual do Libro amósanos como ri dos monstros de medo....

Boas, familias! Este ano tivemos a sorte de coñecer un ilustrador fantásico, que quedou finalista no III Premio Internacional de Ilustración do Salón. Pedímoslle que participara no Salón Virtual cun obradoiro e el fíxonos unha proposta ben interesante, un método infalible para non termos medo dos monstros. 

E sabedes como? 

Ríndonos deles! 

Quico nolo explica moi ben explicadiño neste vídeo que nos manda desde Noia. Grazas, Quico, desde hoxe veremos os monstros doutra maneira grazas a ti!



PAPAGAIO DE MAIO


A revista "O papagaio" xa saíu neste mes de maio. Podedes ler nela picando na imaxe...


MES DAS LETRAS GALEGAS: PRIMARIA

Deixamos actividades para profundizar nos niveis de primaria, despois de ler a biografía. Se queredes, pódense imprimir.

















MES DAS LETRAS GALEGAS: INFANTIL

Ademais das actividades en liña, deixamos outras que, se queredes, podedes imprimir.