"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

miércoles, 26 de febrero de 2025

ROSALÍA, ROSALÍA.

O 23 de febreiro, Rosalía de Castro, a nosa escritora máis universal, cumpliría 188 anos. No cole ninguén quixo deixar pasar ese día  sen rendirlle unha pequena homenaxe.

Houbo moitos e moitas que, aproveitando que o Entroido xa está aquí, decidiron disfrazarse como unha das mulleres máis representativas da literatura galega.







Que guapísimas estaban!!!
Os máis pequenos botaron man das súas dotes de artistas. Pintaron retratos, representaron poemas da escritora en cadros e ata houbo algúns que fixeron marcapáxinas.
































Algúns nenos e nenas de Primaria ao ver tan fermosos cadros, tamén se animaron a pintar.


Nalgunhas aulas, Rosalía pasou a formar parte dos recunchos.





E mirade se neste cole os nenos e nenas son uns auténticos artistas, que houbo moitos que ata se animaron a facer un recital.









Bravoooo! Que orgullosa estou de ser a mascota desta biblioteca!!!

lunes, 24 de febrero de 2025

FEIRA DO COCIDO

Cando o Entroido estaba a piques de chegar, o Cocido puxo o intermitente e adiantouno pola esquerda a fume de carozo. Non hai ningunha dúbida. El, como cada ano, foi o primeiro en chegar á nosa vila e, como non podía ser doutro xeito, tamén aquí ao noso cole.

Ides quedar pasmados e pasmadas coas marabillas que fixeron os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria para celebrar esta festa.


Como non podía ser doutra maneira, toda celebración sempre se anuncia a bombo e platillo cun bo cartel. Aquí está unha pequena representación dalgúns dos carteis cos que se leva anunciando a Feira do Cocido ao longo destes cincuenta e sete anos de historia.


  










   
Tampouco faltou o desfile de carrozas. A cal delas lle dariades o 1º premio?



E por suposto, o máis importante, un bo prato de cocido con todos os seus ingredientes.




Con chourizos e grelos
un bo cocido faremos.
Con garavanzos e patacas
a famiña xa sacas.
Se leva cachucha e lacón 
o que eres é un lambón.
E con tanto alimento
o cocido xa está feito.
Bo proveito!