No verán...os libros van ao mar.
E nós levaremos algúns para non perder as gañas de ler.
E seguiremos a viaxar dende o mellor sofá..
No verán...os libros van ao mar.
E nós levaremos algúns para non perder as gañas de ler.
E seguiremos a viaxar dende o mellor sofá..
Este curso puxemos en marcha esta sección na que a encargada da BE vai polas aulas como contacontos e propón, durante a lectura do conto, xogos, actividades finais, para que a rapazada se sinta dentro e partícipe do conto.
Algúns deles...
O 19 de outubro conmemórase a V Edición do Día das Escritoras baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres".
O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.Nós queremos facer a nosa mención a Anisia Miranda, que aínda que naceu en Cuba, o seu corazón sempre estivo en Galicia, exactamente en Gres.
Foi filla de Faustino Miranda, de Verea, e Teresa Fernández, de Celanova, que emigraron a Cuba en 1927. Anisia estudou Maxisterio e Xornalismo na Habana. En 1953 a familia colleu un barco que cruzou o canal de Panamá e chegou ao porto chileno de Valparaíso; desde alí, cruzaron os Andes en tren ata chegar a Buenos Aires, onde Anisia rematou Xornalismo.Outras mulleres destacables que podedes coñecer: (Recurso da biblio "San Paio" de Tui.)