"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de marzo de 2021

DÍA DA POESÍA

Fermosa data o 21 e marzo, nela celebramos a primavera con Poesía.

Lanzamos algunha proposta:

  • Gravádevos recitando un poema, un podcast, e compartídeo con nós... Despois poñeremos aquí todas as vosas voces para poder disfrutar da melodía da poesía. (Xa sabedes que podedes enviar a biblioteca.ceipxesusgolmar@gmail.com) 
  • Escribide poemas, vosos ou de libros, e colgádeos ou pegádeos na porta da aula ou na nosa Biblioteca. 
  • Queredes buscar un poema determinado? EIQUÍ o podedes buscar: por tema, por autor...
  • Que non se che ocorre ningunha palabra cando estás a crear o teu poema??? Non te preocupes, nesta páxina poden axudarte.

Mentres tanto, escoitade e lede POESÍA!!!

Poema de Antonio García Teijeiro

A bolboreta
debuxa un beixo
con moitas cores
nalgún espello.

Beixo amarelo
de noz e mel,
brinco na brisa,
luz de papel.

A bolboreta
debuxa un beixo
que rouba ó aire
moitos insectos.
Beixo violeta,
vivo lunar,
onda nas nubes,
choiva no mar.

A bolboreta
debuxa un beixo
que cando soa
racha o silencio.


jueves, 28 de mayo de 2015

MAR BENEGAS EN LALÍN

Os alumnos e alumnas de 2º de primaria tiveron o pracer de desfrutar coa visita de Mar Benegas. Esta actividade está incluída dentro do traballo do curso "Lalín en verso", coordinado por Gracia Santorum.

As súas palabras son máxicas e a súa poesía, deliciosa.

VISITA DE FRAN ALONSO

Recibimos a visita de Fran Alonso, co motivo do curso "Lalín en verso". Recitou, falou, xogou, encantou.

jueves, 3 de abril de 2014

miércoles, 19 de febrero de 2014

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

O 19 de febreiro deste ano celébrase o centenario do nacemento do poeta ao que se adican as Letras Galegas do 2014: Xosé Mª Díaz Castro.

O IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz, preparou xa no curso pasado un documental ademais de diversas actividades ó redor deste escritor.

É un traballo feito polos estudiantes dese instituto, é que xa nos vai introducindo no mundo da poesía a partir deste destacado personaxe.

"A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro"








lunes, 17 de febrero de 2014

LEMOS POESÍA, FACEMOS POESÍA

Que semana tan fermosa, deixándose levar polas palabras quedas,
                                                                                  palabras feitas,
                                                                                  palabras belas...
Temos expostos varios libros de poesía na entrada da Biblioteca, pero Bolboreta non quere que vos despistedes e invítavos a ver,
                                            ler e
                                                   facer poesía:
 

jueves, 6 de febrero de 2014

ROSALÍA PEQUENIÑA

Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata
a pequena Rosalía
escribía na nosa fala.

A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira.
     

MÁIS POEMAS...

FLORENTA, A GATA POETA

Nunha vella bufarda
descascada e ruinosa,
vive Florenta
unha gata fermosa.

Polas tardes. no parque,
escribe versos aos amantes.

Pola noite caza
no tellado da súa casa.

OUTRO POEMA?



Hai unha árbore no meu eido
que se resiste a saír,
é moi tímida e da pobre
só asoma o nariz.

Eu régoa todos os días
antes de ir durmir
pero ela segue agochada
dentro da súa raíz.

UN POEMA?

A ESTACIÓN DO TREN

O tren viaxa todo o ano
de estación en estación:
na primavera entre flores,
no verán con gran calor,
no outono por follas secas,
no inverno hai calefacción.

POEMAS, POEMIÑAS A ROSALÍA

Achégase o día 24 de febreiro, 
o Día de Rosalía, 
Día da Poesía,
para nós e o mundo enteiro.

Por iso vos invito
dende hoxe e ata ese día,
compoñer e engalanar
todo o cole con poesía.

Fole, Manuel María,
Castelao ou Díaz Castro.
O interés na poesía
e deixar o rastro.

Para comezar,
libros na biblioteca ides atopar.

Para rematar,
poemas e versos debedes amosar.