"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

jueves, 23 de mayo de 2013

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Os nervios non permiten ver e facer o que en realidade se quere ensinar, a emoción encheu o salón e os nenos e nenas que este día subían ao escenario tiñan tantos nervios coma ilusións.

Pero hai que dicir que foi unha tarde entretida e onde se demostrou o traballo previo dos mestres e a boa intención que lle puxeron os nenos para que todos aplaudisen e viran o que sabían facer.

Noraboa!

Desfrutade do noso Festival das Letras Galegas 2013!!!


viernes, 17 de mayo de 2013

MATILDA!

Algunha vez léstedes este libro?
Sabedes quen é o autor?


Pois hai 25 anos que se escribíu "Matilda" e aínda é moi divertida: unha nena de ideas tan claras e moi lista á que lle gusta tanto a biblioteca, aínda que seus pais pensan que é rara. Ademais ten poderes...

O seu creador non é outro máis que Roald Dahl.


Open publication - Free publishing - More literatura

Tamén está feita unha película baseada no libro, seguro que xa a tedes visto.

ROSALÍA SEMPRE VIVA!

A Fundación Manuel María achéganos un vídeo moi emotivo sobre a nosa escritora.


LETRAS GALEGAS, LETRAS DE ROSALÍA

Aínda que Roberto Vidal Bolaño é o protagonista desta data, 17 de maio, non esquecemos o 150 aniversario de "Cantares Gallegos", e por iso imos repoñer un fermoso traballo que @s alumn@s de 5ºC fixeron para o Día da Poesía, onde todos lembramos a Rosalía de Castro.

Desfrutade!

miércoles, 1 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS

A partires de hoxe e ata o Día das Letras Galegas iremos traballando e coñecendo o homenaxeado deste ano, Roberto Vidal Bolaño.


         
           

VISITA DE ARMINDO SALGUEIRO Y DAMIÁN PAYO

Os artistas Armindo Salgueiro e Damián Payo viñeron a falar sobre os cadros de Paco Lareo.
Trouxeron unha mostra representativa dalgunhas das súas obras e explicáronnos como as fixo e opcións para que nós tamén nos animemos a pintar.

lunes, 29 de abril de 2013

CONTACONTOS "LA PEQUEÑA BRUJA"

E non paramos de desfrutar neste mes do libro.
Agora, uns rapaces que xa anunciamos hai un tempo, representa o libro "La pequeña princesa" aos nenos e nenas de 1º e 2º de EP.
Desfrutade coas fotiños.



COA PRENSA...

Rematamos a Semana da Prensa nos cursos superiores, e para iso que mellor maneira para celebralo que...
Ah!! 
Tedes que velo.

PREMIO EL BARCO DE VAPOR

A obra gañadora da XXXV Edición dos Premios SM de Literatura Infantil e Xuvenil é "Luces en el canal" de David Fernández Sifres.

A veces las cosas pequeñas esconden lo realmente importante.

Todo el mundo opina sobre el hombre de la barca.
Unos dicen que es un brujo;
otros, un ladrón; otros, un monstruo…
Pero nadie se ha atrevido a acercarse a conocerle.
Solo Frits.
Que descubrirá el misterio y comprenderá
que la realidad es mucho más de lo que uno ve.


 Sinopse: Ao home da barca nunca ninguén lle preguntou o seu nome. Tampouco lle preguntaron que son esas estrañas luces que saen ás veces da súa barca, nin quen é esa especie de monstruo de cara xigantesca e rectangular que aparece algunhas noites. Pero Frits está decidido a averigualo, e entón darase conta de que a realidade é moito máis do que un ve.

Booktrailer:




sábado, 27 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

Celebramos esta semana o Día do Libro cunha Feira onde fixemos de todo:

  • Intercambio de libros.
  • Agasallos aos nenos e nenas de 6º.
  • Diplomas para os que realizaron contacontos.
  • Bailes e cancións.


  • Lectura do primeiro capítulo de "El Quijote" e do poema "Só un libro" de Paula Carballeira.

Vémolo:

lunes, 22 de abril de 2013

OUTRO CONTACONTOS

Unhas nenas de 6ºB animáronse a contarlle o conto de "ABEZOO" aos nenos e nenas de 4 aniños.


DÍA DO LIBRO NO COLEXIO XESÚS GOLMAR

O mércores 24 de abril, pola tarde, celebrarase un mercadiño con diversas actividades:
  • Unha mesa con libros para levar, Bookcroossing.
  • Outra mesa con libros para intercambiar. Son libros doados pol@s alumn@s do centro.
  • Outra mesa con novidades, actividades feitas por algunha aula, agasallos...
Haberá unha pequena actuación para os nenos e nenas de EI, unha cancionciña moi bonita.
O xoves, alumnos de 5º interpretarán un conto...de bruxas!!

Un sin parar nesta semana do Libro.



                 E non esquezades que: