"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

jueves, 16 de enero de 2025

CANTO TRABALLAMOS!!

Durante este primeiro trimestre que acabamos de deixar atrás non nos acougou o cu no asento. Fomos dun lado para outro sen parar, aprendendo un montón de cousas, por suposto!

Os nenos e nenas de catro anos, por exemplo, non foron moi lonxe. Quedaron aquí, na Terriña, fixándose en cousiñas que, aínda que as temos moi preto, ás veces, coas présas, non reparamos ben nelas.

HÓRREO     

                               CABECEIRO 

                                                     

            MUÍÑO                                    PENDELLO

            

     PAZO                               CRUCEIRO     

                                

                PALLOZA

Parécevos moito? Pois seguide mirando.





Se queredes aprender tanto coma eles, podedes consultar libros coma este.






Os alumnos e alumnas de cinco anos aventuráronse a ir un pouquiño máis lonxe. Nin máis nin menos que ata Exipto!













                                            



Vós tamén queredes viaxar? Pois ánimo! Hai moitas formas de facelo. Unha delas, lendo.




Os que si foron intrépidos foron os de Primaria. Eses puxeron rumbo ao espazo, na compaña de Matemático Rodríguez.
 


Se hai alguén que aínda non coñeza a vida deste importante científico, que abra este libro.






 

viernes, 10 de enero de 2025

AS MALETAS VIAXEIRAS

Xa estabamos contentos e contentas con todos os agasallos que recibíramos no Nadal, e hoxe déronnos outra sorpresa; unhas maletas viaxeiras cheíñas de libros. Que marabilla! 

Trátase dunha actividade de dinamización lectora promovida pola Concellaría de Cultura. As maletas estarán unhas semaniñas connosco para logo seguir o seu percorrido por outros coles do Concello. 

Moitas grazas!


jueves, 9 de enero de 2025

AGASALLOS DE NADAL

Aquí neste cole portámonos moi ben e como ademais, traballamos moito, Papá Noel e os Reis Magos trouxéronnos un montón de cousas. Mirade, cantas novidades temos agora nos nosos estantes! Podedes lelas cando queirades.






viernes, 20 de diciembre de 2024

CAIXAS EXPLOSIVAS

E falando de compartir! Estas son unhas datas que nos convidan a compartir bos desexos. Este ano, no Xesús Golmar, eses desexos viñeron en forma de caixas explosivas. Tan pronto como as abrimos estouparon  espallando o mellor de cada un de nós por todo o cole.




 

















 
 








COMPARTIR



 

 


 




lunes, 16 de diciembre de 2024

O MEU LIBRO FAVORITO DO 2024

Escribísteslle a carta a Papá Noel? Pois non vos esquezades de pedirlle un libro porque é o único agasallo que poderedes abrir cantas veces queirades e cada vez que o fagades sorprenderavos cunha nova aventura.

Por se tedes algunha dúbida e non sabedes cal poñer, aquí vos deixo as recomendacións dos nosos e nosas expertos e expertas lectores e lectoras.
















 

MOITAS GRAZAS A TODOS E A TODAS.