"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

miércoles, 27 de febrero de 2013

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O vindeiro 8 de marzo lembramos a todas AS MULLERES.

Temos que facelo todos os días do ano, pero este en especial dediquémosllo poñendo énfase en todo o que fan polo mundo, a súa nobleza, a gratuidade do seu cariño e o valor dos seus consellos.

Para iso, tamén deixamos unha serie de actividades para practicar a coeducación e convivir na igualdade.

martes, 19 de febrero de 2013

VISITA MUSICAL

Hoxe tivemos unha grande sorpresa...viñeron visitarnos uns rapaces fantásticos.
Forman un grupo musical moi enérxico e divertido, e son bos no seu porque gústalles o que fan.
Chámanse ARTS ENSEMBLE....algo así como encaixar a arte coa música, o xogo coas melodías.
Foi un espectáculo sen máis, lembremos con estas fotos e estes vídeos o que fixeron:


 

 A súa interpretación musical tiña que ver coa chamada da chuvia por parte dunha tibo india: os musiquindios. Invocaban á chuvia, ás sementes, ás flores, ós paxaros, ó Sol; e empregaron instrumentos de vento: obóe, fagot, clarinete, frauta traveseira e trompa. Unha marabilla.


lunes, 18 de febrero de 2013

BUSCAR NA REDE

Aprender a buscar na rede. Un recurso para a autoformación e para a formación do alumnado

Froito da xenerosidade e da colaboración de dúas profesoras, responsables das bibliotecas escolares dos seus centros, Olga Rodríguez, do CEIP Milladoiro, de Malpica, e Charo Sánchez-Gabriel, do IES Sánchez Cantón, de Pontevedra, podemos contar con este recurso de gran interese, e de gran calidade, para a formación ALFIN do alumnado: "Aprende a buscar na rede con eficiencia". Constitúe, así mesmo, unha ferramenta para a autoformación do profesorado como usuario da rede, e unha oportunidade para compartir coñecemento entre os distintos sectores da comunidade educativa. 
Agradecemos a estas dúas profesoras a difusión do seu traballo, en beneficio de todas as persoas interesadas na multialfabetización e, en particular, do colectivo das bibliotecas escolares galegas.

                                                                                      

jueves, 14 de febrero de 2013

DÍA DE ROSALÍA, DÍA DA POESÍA

Con motivo do Día da Poesía, que ven sendo o mesmo día adicado a Rosalía de Castro, 24 de febreiro, anúnciase o seguinte na prensa "Lembrando a lingua":


A proposta é sinxela e esperamos a vosa colaboración.
Para máis detalle, falade cos encargados da Biblioteca. Actividades relacionadas con Rosalía (permede no recadro superior dereito para agrandar)

miércoles, 13 de febrero de 2013

O MECO


Este venres despedimos ao MECO....pero que ben o pasamos bailando e bailando,e rindo e...mirade, mirade:

BOLETÍN FOLLAS NOVAS

Non podemos deixar pasar máis tempo para mostrarvos todo o que se fixo dende a Biblioteca coa nosa amiga Biblioreta, as novidades que de seguro vos gustan e os traballos que fixéstedes e todos puidemos ver...
O boletín de decembro "Follas Novas"

jueves, 7 de febrero de 2013

ENTROIDO, ENTROIDIÑO...

Que ben o imos parar este entroido sobre todo porque aquí en Lalín temos os nosos personaxes tradicionais....OS CACHARELOS.



Tamén vos deixamos un LIM para que lembredes as tradicións doutra provincia: Ourense. Picade aquí

martes, 22 de enero de 2013

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O vindeiro día 30 de xaneiro, conmemórase o Día da Non violencia e da Paz.
Pero iste é un tema que debemos tratar todo o ano, pois con portarnos ben un día non logramos nada...
O día 30 de xaneiro escolleuse porque é o aniversario da morte de Majatma Gandhi, gran personaxe que apostou pola paz e a igualdade entre as persoas.

Para poder cantarlle á PAZ, propoñemos unhas cancións moi fermosas.
Practicade que ímolas cantar o día 30...

"Los niños queremos la paz" do grupo "3 + 2"
"No niño novo do vento hai unha pomba dourada" Pradolongo

lunes, 3 de diciembre de 2012

A AUGA

Collage sobre a auga


O proxecto do curso pasado deu os seus frutos...a o tema de "A AUGA" deu para moito.

Unha mostra dos vosos traballos tédela aquí, aínda que xa estivo exposta na biblioteca.

ARMAS PREHISTÓRICAS

Calquera lle di algo a estes "artistas" armados...

Ollade, ollade. Unha exposición moi neolítica:


A NOSA BIBLIOTECA

 Comezamos un novo curso e, coma sempre, desexando disfrutar da vosa compañía neste percorrido polos camiños da lectura.

Supoño que xa visitástedes o lugar....e veriades unha árbore coas follas nas que vós falabades do fermoso que é ler.

Pois esta árbore vainos acompañar durante moito tempo, e agora está vestida de outono...aínda que xa falta pouco para o branco inverno.

Neste blogue imos compartir o que facedes, o que lemos, o que vemos, o que contamos, o que escoitamos. É o noso diario para compartir, soñar e ler.

Por iso, imos mostrarvos un grande eslogan para que vos animedes a ler: