A Editorial Narcea acaba de publicar o libro, Innovar en Educación Infantil. De la teoría a la práctica, no que dúas das coautoras son mestras do noso cole.
jueves, 20 de febrero de 2025
miércoles, 19 de febrero de 2025
OBRADOIRO DE ENTROIDO
viernes, 14 de febrero de 2025
jueves, 30 de enero de 2025
O DÍA DA PAZ
Os contos están presentes nas nosas vidas case dende o momento de nacer. Forman parte do noso desenvolvemento cultural e sentimental.
Todos e todas lembramos as noites nas que, acuruxadiños baixo as mantas, escoitabamos como o papá, a mamá, o avó ou a avoa nos contaban as aventuras dos Tres Porquiños ou as da Carapuchiña Vermella e o Lobo tratando de conseguir que nos durmiramos.
Os contos son especiais porque fan que nos mergullemos en mundos irreais onde todo é posible. Ábrenlle a porta á nosa imaxinación e aos soños. Pero tamén nos educan e son transmisores de grandes valores.
ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS
jueves, 16 de enero de 2025
CANTO TRABALLAMOS!!
Durante este primeiro trimestre que acabamos de deixar atrás non nos acougou o cu no asento. Fomos dun lado para outro sen parar, aprendendo un montón de cousas, por suposto!
Os nenos e nenas de catro anos, por exemplo, non foron moi lonxe. Quedaron aquí, na Terriña, fixándose en cousiñas que, aínda que as temos moi preto, ás veces, coas présas, non reparamos ben nelas.
HÓRREO
CABECEIRO
MUÍÑO PENDELLO
PAZO CRUCEIRO
PALLOZA
Parécevos moito? Pois seguide mirando.
Se hai alguén que aínda non coñeza a vida deste importante científico, que abra este libro.
viernes, 10 de enero de 2025
AS MALETAS VIAXEIRAS
Xa estabamos contentos e contentas con todos os agasallos que recibíramos no Nadal, e hoxe déronnos outra sorpresa; unhas maletas viaxeiras cheíñas de libros. Que marabilla!
Trátase dunha actividade de dinamización lectora promovida pola Concellaría de Cultura. As maletas estarán unhas semaniñas connosco para logo seguir o seu percorrido por outros coles do Concello.
Moitas grazas!
jueves, 9 de enero de 2025
AGASALLOS DE NADAL
Aquí neste cole portámonos moi ben e como ademais, traballamos moito, Papá Noel e os Reis Magos trouxéronnos un montón de cousas. Mirade, cantas novidades temos agora nos nosos estantes! Podedes lelas cando queirades.



















.jpg)























