"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

miércoles, 23 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO

Temos escrito nunha das paredes da nosa biblioteca...

Un libro: recuncho dos soños, camiño da imaxinación.

Canta verdade! A lectura é unha ferramenta imprescindible para o noso crecemento persoal. A través do libros accedemos ao coñecemento pero tamén a un mundo cheo de experiencias marabillosas coas que imos enriquecer a  comprensión de todo aquelo que nos rodea e incluso, de nós mesmos.

Por ese motivo, sempre, pero hoxe dunha maneira moito máis especial, celebramos a sorte de ter ao noso carón un libro.

Para a ocasión, contamos coa presenza de Paco Nogueiras que nos engaiolou coa súa arte de contar contos.





Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria, aínda que non son uns contacontos profesionais, tamén o fixeron moi ben. Quedan contratados!









martes, 1 de abril de 2025

II OBRADOIRO LECTURA E FAMILIA

Este luns, despois do xantar, vése que algunhas familias quedaron con fame porque, sabedes o que fixeron? Achegáronse ata o cole e coa axuda da polifacética contadora de historias, Sole Felloza, merendaron un montón de contos. Eso si, primeiro todos e todas  tiveron que poñerse  os mandís e preparar Un Menú de Contos.

Mmmmm! Qué rico estaba todo!

Grazas a Sole e ás familias por esta experiencia que esperamos repetir.

viernes, 28 de marzo de 2025

CONTOS EN PAPEL.

Que cousas máis bonitas fan os nosos alumnos e alumnas! 

Esta vez foron os nenos e nenas de 5º de Primaria, concretamente de Proxecto Competencial, os que se convertiron nuns auténticos artistas do papel. Colaborando co IES Aller Ulloa nun proxecto de innovación que leva a cabo o grupo KaleKela, mergulláronse na arte da papiroflexia para representar as escenas máis significativas dalgúns contos tradicionais. Fixádevos que chulada!

 




 

martes, 18 de marzo de 2025

OBRADOIRO CON CHARO PITA.

Onte desfrutamos da grata compañía de Charo Pita, unha recoñecida contacontos e escritora galega. 

Con ela levamos a cabo un obradoiro, dentro do programa LECTURA E FAMILIA, no que tanto os nenos e nenas como as súas familias estiveron totalmente activos e moi implicados.

Moitas grazas, Charo e familias.

 

viernes, 14 de marzo de 2025

BECHOS E BECHIÑOS.

Agora si que é verdade que o mundo está patas para arriba! 

Ou os nenos e nenas de 5 anos non se enteraron de que a primavera aínda non chegou ou temos un problema aínda máis grave, unha plaga de bechos. Mirade senón como están os corredores do cole. Cheíños de insectos!!!












Se vos pica a curiosidade e non ningún destes bechos, anímovos a que consultedes estes libros.