"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

martes, 12 de marzo de 2013

SEMANA DA PRENSA

Nesta semana imos darlle un repaso aos periódicos.

As propostas son as seguintes:


  • Cos titulares
  1. Identificalos, recortar algúns e facer unha composición.
  2. A partir dun titular escribir unha noticia e ilustrala.
  3. Coas letras de distintos titulares, compoñer novos titulares sen sentido e graciosos.
  • A noticia:
  1. Ler algunha noticia e resumila.
  2. Como se fai unha noticia: a partir das preguntas QUE, QUEN, CANDO, ONDE, PORQUE, COMO.
  3. Facer un seguimento dunha noticia destacada durante varios días.
  4. Recortar varias noticias e facer unha composición simpática xuntando partes de noticias diferentes.
  • Publicidade:
  1. Que tipo de publicidade hai no xornal.
  2. Realizar un anuncio publicitando a lectura de xornais.
  3. A partir dun anuncio publicitario facer un quebracabezas, un colaxe, unha montaxe mezclando varios anuncios.
  • A entrevista:
  1. Pensar a quen e por que lle queredes facer a entrevista.
  2. Escribir as preguntas que lle ides formular, para que non se vos esquezan e para confirmar cales son as que faceredes.
  3. Realizar a entrevista.
  4. Cando a vaiades escribir, primeiro tedes que poñer unha introdución falando desa persoa; logo, a entrevista e, por último, unha breve opinión do resultado.

Seguro que a vós se vos ocurren moitas máis cousas para facer co xornal...

Esperamos poder velas.

   

No hay comentarios:

Publicar un comentario