"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

martes, 2 de abril de 2013

DIA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


"A celebración hoxe do Día do Libro Infantil terá nas bibliotecas galegas un dos seus principais argumentos. Un programa de actividades diferente para cada un dos centros, e que terá como puntos fundamentais as bibliotecas nodais, porá fincapé na participación dos lectores máis novos, nos contacontos e nos obradoiros.
Unha das actividades comúns será a lectura do manifesto escrito para esta ocasión Francisco Hinojosa que, co título Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiroserá lido en todas as bibliotecas galegas.
Repartidas polas principais bibliotecas galegas as actividades permitirán aos nenos achegarse máis ao mundo dos libros para eles. No caso de Pontevedra e Santiago, as dúas bibliotecas da rede galega ofrecerán dúas exposicións de libros de Hans Christian Andersen. En Vigo abrirase a mostra baixo o título Peter Pan viaxa ao país dos libros, unha mostra que se irá ampliando conforme se vaian engadindo novos exemplares. De xeito particular, na biblioteca de Pontevedra todos os nenos que utilicen o seu servizo de préstamo recibirán un libro como agasallo." La Voz de Galicia, 2-04-13

No hay comentarios:

Publicar un comentario