"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

martes, 24 de enero de 2017

COMPARTINDO CON OUTROS PAÍSES

Unha das clases deste centro tivo a boa oportunidade de poder compartir inquedanzas e curiosidades con outro centro, pero de Arxentina.

A idea xurdíu da súas titoras que se puxeron en contacto, e por medio de Hangout, estableceron comunicación.

No intercambio buscábase non só coñecer as distintas zonas: Lalín (Galicia) e Bos Aires (Arxentina), senon establecer un vínculo que se puidera manter no tempo.

A experiencia foi moi boa, e por suposto, que volverán ter contacto...cando os nenos e nenas de Bos Aires volvan das vacacións de verán....en febreiro.







Moitas das cuestións que se intercambiaron estaban relacionadas co coñecemento social, xeográfico e cultural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario