"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

viernes, 3 de abril de 2020

MES DO LIBRO: RECOMÉNDANOS UN LIBRO

Xa que este mes vai de libros, que mellor que aproveitar para intercambiar entre todos nós algún libro que xa limos ou que estamos a ler...

Pois imos entón, propoñémosvos...

...que enviedes unha foto ou vídeo onde presentedes o voso libro e expliquedes por que vos gusta, ou gustou, que sentimentos ou emocións che espertou e por que o recomendas.

Para facernos chegar a túa aportación envía a foto ou vídeo ao seguinte enderezo electrónico:


biblioteca.ceipxesusgolmar@gmail.com

Iremos colgando nelas ao longo deste mes de Abril e así poderemos coñecer os vosos libros favoritos e aproveitar para ler algún deles.

Veña, ánimo...empezamos!!!

Estas son as da profe Belén, claro!!, como ela está na Biblio...



E estes libros son da profe Cris (4ºA), do profe Xosé (3ºA), de Mariña e Sabela:









No hay comentarios:

Publicar un comentario