"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

sábado, 2 de mayo de 2020

O TEMPO DO REVÉS

Neste tempo de corentena, as bibliotecas escolares de toda Galicia estamos na procura de actividades e propostas que vos sexan xeitosas e agradables.

Entre unhas e outras pescudamos formatos novos e presentacións diferentes. E entre todas intercambiamos ideas.

"O tempo do revés" é un libro de acceso libre grazas á editorial Bahía e a biblioteca do CEIP Vistahermosa (Ourense) preaparou unha actividade moi boa ao redor deste libro.

Invitámosvos a que leades o libro, que tamén o temos na nosa Biblio, e fagades as actividades que se suxiren.

Adiante!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario