"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

viernes, 19 de abril de 2013

CONTACONTOS

Unhas nenas de 6ºB de primaria ensináronlle aos máis pequenos de 3 aniños de infantil un contacontos moi orixinal.
O traballo preparatorio foi todo feito por elas e por iso merecen un gran aplauso.
Noraboa!!
Querédelo ver? Pois estas fotiños lembran o momento.

Clica para entrar




viernes, 12 de abril de 2013

MES DO LIBRO, DÍA DO LIBRO






Este mes é particular. Ademais de poder desfrutar co comezo da primavera, tamén temos a opción da lectura xa que neste mes conmemoramos o Mes do Libro.

Pero deixando un pouco de lado os libros "de texto", abusemos dos outros: dos que nos fan soñar, dos que nos fan rir, dos que temos debaixo da almofada, dos que compartimos...

E iso é o que queremos facer o 24 de abril, xusto un día despois do propio Día do Libro: un mercadiño para intercambiar ou deixar libre os nosos libros...Como? Pois sinxelo.

Poderedes intercambiar o voso libro con outros nenos a cambio dunha bolboreta Biblioreta que será a nosa moeda de cambio.

Ou podedes deixar libre o voso libro para que outra persoa o poida desfrutar...Bookcroosing.

Tamén podemos facer algún marcapáxinas relacionado con esta data, por exemplo:


Tamén clicando aquí,
atoparedes webquest sobre o Día do Libro (propostas de CEIP Los Campanales)

Supoño que xa sabedes por que este día se celebra nesta data..Pois, aquí tedes "El caballero Don Quijote", pero doutra forma.


"El Quijote" foi a obra máis lida do mundo. OOoooooHHHhhh!!!
Pois sí. E foi traducida a case todos os idiomas. Aahhhh!!!

Pois, lede, lede aquí cousiñas sobre este libro.

lunes, 8 de abril de 2013

VISITA DUN FOTÓGRAFO DO XORNAL

Co motivo da Semana da Prensa, uns grupos de escolares do 3º ciclo de educación primaria, recibiron a visita dun fotógrafo, Marcos Míguez, que traballa para La Voz de Galicia na sección de Deza.
As nenas e nenos desfrutaron cos seus comentarios e non deixaron de facer preguntas con moito interese.
Ademais, para recibilo, o mestre Alejandro, de 5ºC, fixo unha presentación con imaxes dalgunhas das súas fotos. Desfrutade!!

martes, 2 de abril de 2013

DIA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


"A celebración hoxe do Día do Libro Infantil terá nas bibliotecas galegas un dos seus principais argumentos. Un programa de actividades diferente para cada un dos centros, e que terá como puntos fundamentais as bibliotecas nodais, porá fincapé na participación dos lectores máis novos, nos contacontos e nos obradoiros.
Unha das actividades comúns será a lectura do manifesto escrito para esta ocasión Francisco Hinojosa que, co título Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro, será lido en todas as bibliotecas galegas.
Repartidas polas principais bibliotecas galegas as actividades permitirán aos nenos achegarse máis ao mundo dos libros para eles. No caso de Pontevedra e Santiago, as dúas bibliotecas da rede galega ofrecerán dúas exposicións de libros de Hans Christian Andersen. En Vigo abrirase a mostra baixo o título Peter Pan viaxa ao país dos libros, unha mostra que se irá ampliando conforme se vaian engadindo novos exemplares. De xeito particular, na biblioteca de Pontevedra todos os nenos que utilicen o seu servizo de préstamo recibirán un libro como agasallo." La Voz de Galicia, 2-04-13

martes, 19 de marzo de 2013

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO: 23 DE ABRIL DE 2013


Día del libro 2013 - Iniciativas del Día mundial del libro

Adiantamos información sobre este día tan especial como é o adicado aos LIBROS  e aos LECTORES DE TODO O MUNDO.
Xa iremos engadindo máis información e actividades.

sábado, 16 de marzo de 2013

FINA CASALDERREY



Esta escritora ben coñecida por vós, e recoñecida por moitos máis, xa forma parte da RAG (Real Academia Galega).




Pero non a mencionamos por iso, senón porque queremos que sigades lendo os seus libros, libros que temos na Biblioteca e a nosa mascota biblioreta quérevolos mostrar.
   
                                                                                              
                                                                           

ENSAIANDO...

Algúns alumnos de 5ºA e 5ºB andan facendo uns ensaios a partires do libro que vedes aquí.

Este libro é unha marabilla, non só porque o diga eu, senón porque o seu ilustrador xa vale o seu peso en ouro:
Benjamin Lacombe.




 



Queredes saber algo máis deste debuxante?:
"El herbario de las hadas"                                                                                Outros libros:
        
Esta é unha pequena mostra do que andan a facer. Ánimo chicos e chicas!

viernes, 15 de marzo de 2013

COMO ORGANIZAR OBRADOIROS DE CONTOS EN INFANTIL

X a sabemos que as mestras de Infantil sodes especiais, pero sempre vai ben ter novas ideas ou lembrar pequenos detalles.
No blogue de SM facilitan actividades boas e prácticas,


martes, 12 de marzo de 2013

SEMANA DA PRENSA

Nesta semana imos darlle un repaso aos periódicos.

As propostas son as seguintes:


  • Cos titulares: 
  1. Identificalos, recortar algúns e facer unha composición.
  2. A partir dun titular escribir unha noticia e ilustrala.
  3. Coas letras de distintos titulares, compoñer novos titulares sen sentido e graciosos.
  • A noticia:
  1. Ler algunha noticia e resumila.
  2. Como se fai unha noticia: a partir das preguntas QUE, QUEN, CANDO, ONDE, PORQUE, COMO.
  3. Facer un seguimento dunha noticia destacada durante varios días.
  4. Recortar varias noticias e facer unha composición simpática xuntando partes de noticias diferentes.
  • Publicidade:
  1. Que tipo de publicidade hai no xornal.
  2. Realizar un anuncio publicitando a lectura de xornais.
  3. A partir dun anuncio publicitario facer un quebracabezas, un colaxe, unha montaxe mezclando varios anuncios.
  • A entrevista:
  1. Pensar a quen e por que lle queredes facer a entrevista.
  2. Escribir as preguntas que lle ides formular, para que non se vos esquezan e para confirmar cales son as que faceredes.
  3. Realizar a entrevista.
  4. Cando a vaiades escribir, primeiro tedes que poñer unha introdución falando desa persoa; logo, a entrevista e, por último, unha breve opinión do resultado.

Seguro que a vós se vos ocurren moitas máis cousas para facer co xornal...

Esperamos poder velas.

   

viernes, 1 de marzo de 2013

FESTIVAL DE ROSALÍA

Non é sen tempo...pero xa sabedes que ás veces a tecnoloxía xoga un pouco ás agachadas.
En fin, aquí tedes os vídeos do festival adicado a Rosalía de Castro e tamén aos 150 anos de "Cantares Gallegos".
Participástedes grupos moi ben preparados e tiñades moita ilusión por facelo e tamén por ver aos compañeiros. Houbo poemas orixinais: un falaba da Feira do Cocido de Lalín e o outro...bo! Xa vos estou dando moitas pistas.
Mellor é velos.

Neste actuaron alumn@s de primaria:


Aquí están o pequechos de infantil: