"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

miércoles, 19 de junio de 2013

LECTURAS PARA O VERÁN

Xa chega a tan esperada época de descanso...ainda que o tempo non acompaña pero si o pode facer un libro ou conto que sempre consegue que esquezamos onde estamos e nos leve a lugares e momentos especiais.

Desfrutade do verán e...xa nos contaredes que aventuras vivístedes con estes libros.


lunes, 10 de junio de 2013

DA FAUNA GALEGA, MÁIS

O Equipo C....é dicir, os e as alumnas e alumnos de 5ºC elixiron as aves como tema para o PDI da Biblioteca e non vos está nada mal. É un proxecto didáctico, de invastigación e ben documentado.

Ollade e lede que sempre é necesario aprender e ampliar coñecementos...



                                                                     picade aquí

viernes, 7 de junio de 2013

DA FAUNA GALEGA

Os alumnos e alumnas de 4ºC traballaron un animal moi...máxico e que sempre se lle relaciona coa sabedoría: O BUFO.

Ademais de buscar información reproduciron un cadro de Lareo, "O Moucho", precioso e orixinal e non menos marabillosos os que estes alumnos e alumnas pintaron.