"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson
Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas

martes, 11 de junio de 2024

XANTARES GALEGOS

 Dado que a diversidade, en varios ámbitos, en Galicia é algo salientable, eiquí decidimos facerlle unha mención á gastronómica.

A Biblioteca propuxo que cada aula recollese unha receita típica dalgunha comarca ou zona, e preparase unha colaxe ou maqueta.

Velaquí están estes manxares da nosa autonomía:


A que xa nos vai dando ganas de comer!!





martes, 27 de junio de 2023

POLO DÍA DA PAZ, DA A MAN

 Unha imaxe que reflicte a intencionalidade desta actividade.

Un mural feito con fotos de todos os membros do cole: alumnado, profesorado, persoal administrativo, coidadoras, conserxería...




jueves, 15 de junio de 2023

POLO MUNDO DENDE A AULA

 

A verdade é que os grupos foron coñecendo e traballando moito sobre os países que elixiron...

Desde costumes no Entroido, no Nadal, ata gastronomía e, tamén, chegando a coñecer contos e lendas típicos.










viernes, 9 de junio de 2023

PDI: DIVERSIDADE CULTURAL, ENRIQUECEMENTO CULTURAL

 Neste curso, no PDI da Biblioteca, decidimos centrarnos na diversidade de alumnado que temos. Son moitos os países de orixe ou de migración de pais/nais...e aquí, todos son ben acollidos.

Cada ciclo, e algúns por nivel, escolleron un país dalgún alumno/a do grupo.

Fíxose unham ontaxe coas bandeiras deses países...e a partires diso, a coñecer mundo!!!





E na entrada á Biblioteca tamén se fixo ver a temática.





miércoles, 29 de junio de 2022

PDI: MITOLOXÍA GREGA

 Entre as diferentes mitoloxías existentes, a Grega sempre foi moi coñecida e solicitada. Nas aulas de quinto de primaria fixeron unha fermosa exposición de material e, sobre todo, engalanaron as portas.








lunes, 13 de junio de 2022

PDI: A MITOLOXÍA "SÍMBOLOS CELTAS"


Entre as diversas actividae sque se fixeron co tema do PDI, atopamos os símbolos celtas.

Amosamos algúns dos libros propostos para consulta e lectura.









Decoración do ventanal da Biblioteca





 

martes, 9 de noviembre de 2021

PROXECTO DE BIBLIOTECA

 Neste curso comezamos con novas ilusións e gañas de certa normalidade no colexio.

Como todos os cursos, proponse un tema para traballar ent odo o centro. O deste curso é "A Mitoloxía".

Vaites, canta información podemos atopar na Biblio do cole...

Os grupos animáronse con diversas mitoloxías: celta, galega, exipcia, romana, grega...se é que hai moitos seres dos que falar...por exemplo, as meigas, as pupeiriñas, os símbolos empregados polos celtas, etc.

Como vos dixen, na Biblio podedes atopar fondos, recursos e medios para atopar información...

Vide...






jueves, 24 de junio de 2021

PDI: O ESPÍRITU DO BOSQUE

 

No presente curso escolar os nenos e nenas do 2º nivel partimos do visionado da película O espírtu do bosque. Nela obersvamos como un precioso bosque cheo de vida estaba en perigo debido aos intereses dos seres humanos.


A continuación realizamos  a decoración da entrada da aula co noso particular “espíritu do bosque”.


CONCIENCIACIÓN SOBRE ALGÚNS DOS ODS.

1º. Partimos da lectura e comprensión do conto “Las lágrimas de Chiwampu”. Desta maneira axudamos a que o alumando sexa consciente da importancia que ten a conservación, coidado e rehabilitación dos nosos bosques (Obxectivo nº 15 de ODS).





2º. Elaboración de distintas paisaxes e animais con plastilina.







3º. Para favorecer o coñecemento e posta en práctica da Regra das 5 R e algún dos obxectivos de desenvolvemento sostidos, na aula propuxemos realizar a xerminación de diferentes sementes empregando soamente materiais de reciclaxe, como por exemplo botellas de plástico ou xornais vellos. Ademais centrándonos na reutilización de materiais,  o alumando foi realizando diferentes obxectos dándolle un novo uso a obxectos de reciclaxe.