Disfrutamos moito con esta muller: moi inspiradora para algúns e tan interesante para outros. Multifacética.
martes, 11 de junio de 2024
miércoles, 29 de junio de 2022
DÍA DO LIBRO EN BOA COMPAÑÍA
Como ven sendo costume, e moi bo costume, o Mes do Libro é de obrigado cumprimento.
A proposta deste ano foi a lectura libre durante máis dunha sesiópn polas aulas.
E acompañar a lectura duns personaxes moi lectores e animados.
lunes, 13 de junio de 2022
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Como cada 25-Novembro, berramos contra a Violencia de Xénero.
Concentrámonos na entrada do Concello, ao mesmo que outros colexios e institutos.
Tamén convocaos o concurso de cartaces, "Unha imaxe, ningún maltrato máis".
jueves, 18 de marzo de 2021
DÍA DA POESÍA
Fermosa data o 21 e marzo, nela celebramos a primavera con Poesía.
Lanzamos algunha proposta:
- Gravádevos recitando un poema, un podcast, e compartídeo con nós... Despois poñeremos aquí todas as vosas voces para poder disfrutar da melodía da poesía. (Xa sabedes que podedes enviar a biblioteca.ceipxesusgolmar@gmail.com)
- Escribide poemas, vosos ou de libros, e colgádeos ou pegádeos na porta da aula ou na nosa Biblioteca.
- Queredes buscar un poema determinado? EIQUÍ o podedes buscar: por tema, por autor...
- Que non se che ocorre ningunha palabra cando estás a crear o teu poema??? Non te preocupes, nesta páxina poden axudarte.
Mentres tanto, escoitade e lede POESÍA!!!
debuxa un beixo
con moitas cores
nalgún espello.
Beixo amarelo
de noz e mel,
brinco na brisa,
luz de papel.
A bolboreta
debuxa un beixo
que rouba ó aire
moitos insectos.
Beixo violeta,
vivo lunar,
onda nas nubes,
choiva no mar.
A bolboreta
debuxa un beixo
que cando soa
racha o silencio.
miércoles, 17 de marzo de 2021
DÍA DE PI: 14 DE MARZO
A razón, o número grego PI: se escibimos a data segundo o fan os ingleses, teremos 3/14, o noso PI (3,1416....)
O lema deste ano "Matemáticas para un mundo mellor" quere deixar claro que coas matemáticas poderemos resolver moitos problemas, hehehe.´
Lembremos que o seu significado é a razón entre o perímetro dunha circunferencia e o seu diámetro.
Deixamos algunhas páxinas interesantes, por se vos queredes dar unha voltiña...
viernes, 19 de febrero de 2021
MUSICANDO A ROSALÍA
Como inspiración, podemos recorrer a estas propostas que grandes intérpretes galegos teñen realizado arredor da obra Rosaliana (podedes buscar os textos e localizalos na obra de Rosalía, e pensar se algunha vez vos tedes sentido deste xeito):
CON ROSALÍA: ACTIVIDADE DA AELG E ROSCO
PROPOSTAS DA AELG
Propostas didácticas:
A proposta didáctica para coñecer, reinterpretar e difundir a obra de Rosalía, baséase na creación dun vídeo curto apto para o consumo en redes sociais (para o alumnado de máis idade) ou para difusión no propio centro, en circuítos pechados ou cara ás familias (no caso de alumnado de menor idade). Para facelo, desde a AELG, ofrecemos diversos xeitos de participar:
Neste ano, tendo en conta a situación sanitaria correspondente e tamén os ánimos que aniñan nas aulas, reivindicamos a idea de Rosalía de Castro desde a música, desde o ritmo do poema, desde a actualidade e o espírito de liberdade, superación e anovador da poeta chegado aos nosos días. Podemos cantar, podemos expresarnos a través do movemento, podemos concentrar os sentimentos que se revolven no noso interior a través da modulación da voz. Ela xa o fixo, deixando textos que reivindican a nosa realidade, malia estaren escritos hai ben de anos.
Ela xa o fixo a través da visión política da paisaxe, do feminismo, da forza, do tesón, do amor e da dor, a través dos camiños líricos e narrativos, das accións. Ela deixou un legado que podemos recoller e levar ás nosas realidades de aula. Ante as condicións de supervivencia, atopemos esas forzas que nos anovan, que manifestan as dores e as ledicias a través da voz e do xeito de cantar.
Desde a AELG convidámosvos a participar no festexo de Rosalía de Castro a través das seguintes propostas para o día 24 de Febreiro (mércores) de 2021, a propia semana ou para facelas perdurar no tempo tendo en conta o carácter eterno da nos Rosalía.
Propostas para INFANTIL E PRIMARIA
THE LELLI KELLIES- A clase é un galiñeiro…
A que algunha vez o tedes pensando? A que algunha vez o alumnado ten escoitado esa expresión vindo de nós? “Esta clase parece un ghaliñeiro!” Pois que sexa. Que sexa un ghaliñeiro que lembre un dos poemas de Rosalía. The Lelli Kellies ofrécenos unha pequena versión para empregar na aula e reproducir a letra e coreografía, nos lugares de traballo e grupos burbulla correspondentes, desta proposta divertida que nos permite descargar adrenalina e botar unha gran risotada. Cacarexar as frustracións!
Escoitade a proposta e tratade de levala a cabo na aula coa rapazada. Primeiro podedes xogar a adiviñar o que di a letra e sobre que trata. Engadimos unha pequena ficha de traballo para que se poida concretar na aula e que a nosa rapazada teña o seu verdadeiro pasaporte Rosaliano do día 24. Rosalía desconfinada!
Actividades de aula:
1.- Proxectamos o vídeo:
2.- Reto 1: Intenta cacarexar ao tempo que o fan os protagonistas do vídeo
3.- Cres que os protagonistas do vídeo son galos ou galiñas? Por que? (Escribe o porqué en 7-10 palabras, e só podes usar un adxectivo).
4.- Completa a letra:
Isca d’______
_________ maldita,
Isca d’_____
Nó me mate-la ______.
Isca d’_______
Galiña _______
Isca _______
Pra ______ tua dona.
Cantares gallegos. Rosalía de Castro. 1863.
Vente, rapasa
5.- Poderías cantar a canción sen escoitala de fondo? Intentádeo (Lembrade mover os brazos como se tivésedes ás) para poder canalizar toda a forza creadora das/dos poetas.
6.- Debúxate como se foses un galo/galiña/paxaro do teu gusto.
7.- Hora de dalo todo! Gravamos en vídeo o noso baile e canción Rosaliana imitando aos Lelli Kellies!
Xogo tipo Pasapalabra:
Da BE "Blogesquío"
jueves, 11 de febrero de 2021
11 DE FEBREIRO: DÍA DA NENA E DA MULLER CIENTÍFICAS
Deixamos máis recursos:
Curtametraxe:
DÍA DA NENA E DA MULLER NA CIENCIA: 11 DE FEBREIRO
Co gallo desta data deixamos recursos variados para que poidades afondar no tema.
Serie de animación "La mujer en la ciencia"
Serie didáctica "Mujeres en la ciencia": cuentos y biografía
Vídeos "Corazón de investigadora"
"De mayor quiero ser científica"
Exposición virtual "Exxperimenta en feminino"
Biografías de científicas pioneras
Presentacións de científicas: primaria e infantil
Vídeos de científicas españolas actuais
Xogos de cartas das mullres científicas
Fichas do xogo Babelbox científicas
domingo, 26 de abril de 2020
MÁIS HISTORIAS A PARTIR DE TÍTULOS DE LIBROS
sábado, 25 de abril de 2020
MES DO LIBRO: RECOMENDACIÓNS
jueves, 23 de abril de 2020
MES DO LIBRO: RECOMENDACIÓNS
Lucas, este pequeno gran lector de 5º EI, que non quixo perder a ocasión para convidarnos e ler....
miércoles, 22 de abril de 2020
HISTORIAS CON TÍTULOS DE LIBROS
DÍA DO LIBRO CON SEXTO DE PRIMARIA
...polo que decidiron ensinarnos os libros que están a ler e que tanto lles gustan.
Vai por elas e por eles que este ano xa é o último curso no colexio...
...por eles e por elas que tantas aventuras viviron desde que puxeron por primeira vez o seu pé nas aulas...
...por elas e eles porque si, porque o merecen!!
MES DO LIBRO: RECOMENDACIÓNS
A profe Cris, de 5ºC, disfruta léndolle un contiño a un futuro novo lector... e parece que lle gusta!!











.jpg)
.jpg)
.jpg)

































