Agora si que é certo! Chegou o verán. Pecha o cole e con el, a biblio. Pero non vos preocupedes por mín. Non estarei soa. Estarei acompañada polos libros que por uns meses descansarán nas súas baldas. Non irei nin á praia nin á piscina pero mergullareime entre as súas páxinas na procura de aventuras que poder compartir con vós cando volvades en setembro.
Descansade. Desfrutade da familia e dos amigos. Camiñade pola area. Correde pola herba. Deitádevos baixo a sombra dun carballo ou dun castiñeiro. Acariñade a unha miñoca. Escoitade aos grilos. Respirade, voade, soñade pero nunca deixedes de LEER.
Botareivos moitiiiiiiiisimo de menos!!!!!!
Felices vacacións!
RECOMENDACIÓNS
Educación Infantil
1º ciclo Primaria
2º ciclo


3º ciclo.