"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson
Mostrando entradas con la etiqueta Salón do Libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Salón do Libro. Mostrar todas las entradas

miércoles, 6 de mayo de 2020

MONSTROS DE RISA

O Salón Virtual do Libro amósanos como ri dos monstros de medo....

Boas, familias! Este ano tivemos a sorte de coñecer un ilustrador fantásico, que quedou finalista no III Premio Internacional de Ilustración do Salón. Pedímoslle que participara no Salón Virtual cun obradoiro e el fíxonos unha proposta ben interesante, un método infalible para non termos medo dos monstros. 

E sabedes como? 

Ríndonos deles! 

Quico nolo explica moi ben explicadiño neste vídeo que nos manda desde Noia. Grazas, Quico, desde hoxe veremos os monstros doutra maneira grazas a ti!



domingo, 3 de mayo de 2020

CONSTRUÍNDO UN MINIGOLF

E así teremos algo máis en que fedellar mentres seguimos na casiña. Podedes retar ao voso irmán, ou á vosa nai...quen gañará máis puntos?!?!?!?

Imos aló...









martes, 28 de abril de 2020

FIESTRAS AO MUNDO

Aínda que agora podemos saír un cachiño cada día, seguimos a ver o mundo desde as nosas fiestras. 

É sempre igual o que vemos? 

O podemos enxergar cada día cousas distintas? 

O que vemos depende só da paisaxe? 

Sabedes que hai fiestras que nos ofrecen cada día unha nova paisaxe? 

Non? 

Pois ollade este vídeo...



miércoles, 15 de abril de 2020

MANUALIDADES PARA RIR E XOGAR

Non sempre temos que estar lendo, escribindo ou memorizando temas...coas manualidades tamén aprendemos moita cousas.

Propoñemos dúas: un BUSCACACAS  e un ARCO DA VELLA para colgar da vosa ventá.


ARCO DA VELLA



BUSCACACAS