"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson
Mostrando entradas con la etiqueta Neira Vilas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Neira Vilas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de noviembre de 2020

DÍA DE NEIRA VILAS

 Un 3 de novembro, alá polo 1928, en Gres (Vila de Cruces) nacía o que foi un gran escritor en lingua galega, ademais de periodista, ensaista e poeta: XOSÉ NEIRA VILAS

No noso centro e en coordinación coa Biblioteca e o EDLG, propóñense diversas actividades, pero sobre todo, a lectura de fragmentos dos seus libros e a lembranza de ese home que escribíu sobre a Galicia rural alí onde emigrou, sen vergoña e con morriña.

Podemos visitar a Fundación que leva o seu nome.

Fundación Xosé Neira Vilas

Na Biblioteca dispoñemos dun gran número de exemplares do autor que lle da nome .




jueves, 7 de noviembre de 2019

DÍA DE NEIRA VILAS

Non podíamos deixar escapar este festexo, conmemorar o nacemento do escritor de Gres, Xosé Neira Vilas, o que da nome a nosa Biblioteca.

Engalanouse a entrada do colexio coa figueira, o espantallo e o canciño do libro "Espantallo amigo":

 


 


A prensa quixo saber de nós... pica no Faro de Vigo

La Voz de Galicia Deza


Nas aulas traballaron diferentes libros, contos, artigos...

"O cabaliño de buxo"