"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson
Mostrando entradas con la etiqueta intercentros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta intercentros. Mostrar todas las entradas

miércoles, 3 de julio de 2024

INTERCAMBIO DE CLUBS DE LECTURA E VISITA DE ALUMNADO DO INSTITUTO

 Como peche á actividade do Club de Lectura, xuntámonos o grupo do instituto (de 1º e 2º de ESO) co noso. Fixemos unha lectura dop rimeiro capítulo de "O misterio de Portomarín" e preparamos unha Caixa de Lectura.

Nela tiñamos diferentes obxectos relacionados con ese capítulo: un sol (polo verán), dous emoticonos: de enfado e de felicidade (polas emocións dos rapaigos), un coche con maletas (poal viaxe das vacacións), unha pulga (polo can), unha casa vella de pedra (pola zona de Portomarín e o albergue dos peregrinos), un camiño empedrado (polo Camiño de Santiago).

En canto á visita do alumnado do instituto, de 4º de ESO e de 1º de BAC de Artes, ofreceron contacontos (con libros da Biblioteca Municipal) para os alumnos de infantil acompañando con globoflexia e papiroflexia.

Momentos moi divertidos e fermosos.








martes, 27 de junio de 2023

COAS MATEMÁTICAS SEMPRE

 Cada curso colabórase con IES Aller Ulloa nos proxectos do grupo KaLeKeLa. Desta volta un deles relacionaba o tema do cine. Nós buscámoslle un pouco máis...como aparecen as matemáticas nas películas.

Como todo traballo de investigación, comezaron buscando información (películas onde se falalra de mates), seelccionaron unha delas ("O Código Da Vinci") e analizaron todo o que ela podía atopar de ámbito matemático (sempre dentro do seu nivel de competencia).

E isto foi o que prepararon, e presentaron na exposición no istituto.