"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson
Mostrando entradas con la etiqueta ODS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ODS. Mostrar todas las entradas

martes, 21 de junio de 2022

CONTOS CON ODS, ODS PARA TOD@S

 Para coñecer mellor o que nos ofrecen e indican os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, temos esta guía que con contos axúdannos a entendelos mellor.


jueves, 24 de junio de 2021

PDI: O ESPÍRITU DO BOSQUE

 

No presente curso escolar os nenos e nenas do 2º nivel partimos do visionado da película O espírtu do bosque. Nela obersvamos como un precioso bosque cheo de vida estaba en perigo debido aos intereses dos seres humanos.


A continuación realizamos  a decoración da entrada da aula co noso particular “espíritu do bosque”.


CONCIENCIACIÓN SOBRE ALGÚNS DOS ODS.

1º. Partimos da lectura e comprensión do conto “Las lágrimas de Chiwampu”. Desta maneira axudamos a que o alumando sexa consciente da importancia que ten a conservación, coidado e rehabilitación dos nosos bosques (Obxectivo nº 15 de ODS).





2º. Elaboración de distintas paisaxes e animais con plastilina.







3º. Para favorecer o coñecemento e posta en práctica da Regra das 5 R e algún dos obxectivos de desenvolvemento sostidos, na aula propuxemos realizar a xerminación de diferentes sementes empregando soamente materiais de reciclaxe, como por exemplo botellas de plástico ou xornais vellos. Ademais centrándonos na reutilización de materiais,  o alumando foi realizando diferentes obxectos dándolle un novo uso a obxectos de reciclaxe.




 




QUE SON E PARA QUE: OS ODS

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel son un grupo de obxectivos relativos ó desenvolvemento internacional futuro. Foron creados polas Nacións Unidas e promovidos coma Obxectivos Globais para o Desenvolvemento Sostíbel. Substituíron ós Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio que caducaron na fin de 2015.
Os ODS abarcan de 2015 a 2030. Hai 17 obxectivos e 169 metas específicas para estes obxectivos.




En agosto de 2015, 193 países acordaron os seguintes 17 obxectivos:
  1. Pobreza cero: rematar coa pobreza en todas as súas formas, en todo o mundo.
  2. Fame cero: eliminar a fame, acadar a seguridade alimentaria, mellorar a nutrición e promover a sostibilidade na agricultura.
  3. Boa saúde: garantir unha vida saudábel para todos e procurar o benestar da poboación de todas as idades.
  4. Educación de calidade: garantir o acceso para todos a unha educación de calidade, equitativa e inclusiva, e proporcionar oportunidades de formación ó longo da vida.
  5. Igualdade de xénero: acadar a igualdade entre os xéneros e apoderar a todas as nenas e mulleres.
  6. Auga limpa e saneamento: garantir o acceso á auga e ó saneamento para todos e promover a súa xestión sostíbel.
  7. Enerxía renovábel e accesíbel: garantir o acceso seguro e estable a unha enerxía renovábel e sostíbel para todos.
  8. Bos empregos e economía: promover un crecemento que poida ser sostido e sostíbel que inclúa a todas as persoas, acadar o pleno emprego e garantir un traballo digno para todos.
  9. Innovación e boas infraestruturas: promover a construción de infraestruturas resilientes, a industrialización sostíbel e a innovación.
  10. Reducir a desigualdade: acadar unha redución da desigualdade, tanto entre países como dentro deles.
  11. Comunidades e cidades sostíbeis: acadar unhas cidades e poboacións seguras, inclusivas, resilientes e sostíbeis para todos.
  12. Uso responsábel dos recursos: promover e acadar uns patróns de produción e de consumo que sexan sostíbeis.
  13. Medidas climáticas: adoptar medidas de carácter urxente que sirvan para combater o cambio climático e as súas consecuencias.
  14. Océanos sostíbeis: acadar un uso sostíbel dos océanos e dos recursos mariños, de cara á súa conservación e desenvolvemento sostíbel.
  15. Usos do solo sostíbeis: protexer e restaurar os ecosistemas terrestres, acadar un uso e xestión sostíbeis dos bosques, reverter os procesos de desertización e degradación do solo, e deter a perda de biodiversidade.
  16. Paz e xustiza: construír sociedades pacíficas, xustas e inclusivas para todos, garantir o acceso universal á xustiza e traballar por unhas institucións efectivas e responsábeis de cara a un desenvolvemento sostíbel.
  17. Sociedades para o desenvolvemento sostíbel: robustecer as medidas para a implantación e promover unha sociedade global comprometida coa consecución dun desenvolvemento global sostíbel.
As recomendacións que nos fan chegar, desde distintos medios e documentos, invitan a reaccionar ante a actuación dunha sociedade que vive na desmesura e non se preocupa do que lle rodea.


170 accións diarias para transformar o noso mundo

E para facer máis ameno e entendíbel o contido dos ODS, que mellor que con contos asociados a eles..

OS CONTOS E OS ODS

 En educación infantil, relacionando os contos con curtas, tamén atoparon a súa relación con algún dos Obxectivos de Desenvolvemento Substentable.

Obxectivo 2: fame cero
Obxectivo 2: Fame cero


Obxectivo 11: Cidades e comunidades substentables


Obxectivo 5: Igualdade de xénero


miércoles, 3 de febrero de 2021

PROXECTO: "OS LIBROS DE CINE"

Neste curso estamos a traballar o cine desde a perspectiva dos libros. É dicir, libros que teñen película, curta ou vídeo.

Estas son as elixidas:

4º INFANTIL (A-B-C)           OS TRES PORQUIÑOS

5º INFANTIL (A-B-C)           O SOLDADIÑO DE CHUMBO

6º INFANTIL (A-B-C)          COCORICO

1º PRIMARIA                      O GRÚFALO

3º PRIMARIA                      A BRUXA REGAÑADENTES

4º PRIMARIA                      ARRUGAS

5º PRIMARIA                     ASTERIX Y OBELIX

6º PRIMARIA                     WONDER / LA LECCIÓN DE AUGUST


Cada aula prepara a súa porta decorando cos motivos da peli e/ou libro.

Neste segundo trimestre, imos traballar tendo en conta os ODS.

Deixamos documentos para que poidades informarvos e coller ideas: