"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson
Mostrando entradas con la etiqueta valores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta valores. Mostrar todas las entradas

viernes, 9 de junio de 2023

EMOCIÓNS CON "O MONSTRO DAS CORES"

 Traballo incríbel o que realizaron en Educación Infantil a partires deste libro.


Diferenciar as cores según a emoción e saber indentificala nun mesmo. Non é fácil...pero con axuda, consíguese.








miércoles, 8 de abril de 2020

CONTOS SOBRE DISCAPACIDADE: EDUCACIÓN EN VALORES

O Real Patronato sobre Discapacidade, a través do Centro Español de Documentación sobre Discapacidade (CEDD), ven de publicar de maneira online unha selección de contos sobre discapacidade para promover a educación en valores durante o estado de alarma, coincidindo co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

En total son 25 contos sobre discapacidade, dirixidos ao público infantil e xuvenil, que se poden visualizar tanto en pantallas de PC, como en dispositivos móbiles ou tablets de maneira totalmente gratuita. Entre os títulos está a colección de ‘Cuentos que contagian ilusión’, ‘El secreto de Pablo’, ‘Soy diferente pero igual que tú’ e ‘Oliver y sus audífonos’ entre outros.

A recopilación de contos está dispoñible de forma

 gratuita e online no catálogo do CEDD.


jueves, 3 de octubre de 2019

PROXECTO ANUAL

Comezamos con forzas renovadas e o saco cheo de ilusións.

Neste curso traballaremos ó redor do noso patio...por iso o proxecto titúlase:

"PATIOS DINÁMICOS E INCLUSIVOS"

As propostas son:
  • Crear xogos e xoguetes de refugallo.
  • Sacar a Biblioteca ao patio.
  • Acondicionar lugares para que todos aqueles alumnos e alumnas con algunha dificulatade poidan estar cómodos e fóra de perigo.
  • Pintar e distribuír zonas de xogo.
  • Crear máis zonas verdes.
E máis ideas que poidan xurdir ao longo do seu desenvolvemento.

martes, 24 de enero de 2017

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Día que debemos ter en conta todos os días do ano e non so nunha determinada data.

Convocouse o II concurso de cartaces "Unha imaxe, ningún maltrato máis", onde resultou gañador o grupo 5ºD.

Parabéns!!

Cartaz gañador





miércoles, 28 de enero de 2015

PAZ NO SEU DÍA

Téñense presentes moitos símbolos e frases para a PAZ e a intención segue a ser a mesma...que perdure no tempo.

Un lapis pola PAZ e a LIBERDADE DE EXPRESIÓN:

 Cada unha das persoas do centro vai deixando a súa mensaxe pola paz...


Para esta conmemoración o grupo de 4ºB deseñou e pintou un mural aludindo aos valores que temos que ter presentes sempre na nosa vida, así como unha reseña ao acontecido en París na revista Charlie Hebdo:



E tamén recibimos unha sorpresa cando vimos unhas viñetas feitas polo alumnado de 6º. Nelas manteñen a reseña "je suis" e representan a todo o persoal do centro: conserxe, cociñeiros, mestres, etc., cunha frase propia de cada persoa. 
Vamos, que xa nos coñecen moi ben....


E para non perder o ritmo, a canción que nos acompaña este ano é....

sábado, 22 de marzo de 2014

DÍA DA AUGA

Cun recurso tan preciado e necesario como é A AUGA, non podería quedar sen Día conmemorativo: O 22 de marzo.
E por se tedes curiosidades....deixamos referencia dunha páxina moi didáctica sobre este elemento: H2O.

miércoles, 11 de diciembre de 2013

COMPARTINDO...

O que ides ver a continuación é un experimento. 
Sí. 
Un experimento!
Onde os máis pequenos demóstrannos aos adultos que non hai razón para que exista a pobreza,
                                                                                    que compartir é un feito natural...
pero que por motivos que descoñecemos ou quen on queremos coñecer...acabamos perdendo esa capacidade.

Esta campaña de ACCIÓN CONTRA EL HAMBRE supón un punto de inflexión para pararse a pensar e
 A COMPARTIR

lunes, 9 de diciembre de 2013

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O mércores 27 de novembro pola tardiña, as alumnas e alumnos de 3º ciclo mostraton a súa repulsa a un problema que non conseguimos controlar: a violencia.

E non só a de xénero, senón entre iguais. Todas e todos temos e merecemos o mesmo respecto, por iso
NON A VIOLENCIA
NON ÁS MALAS CARAS
NON Á FALTA DE EMPATÍA
NON
NON
E
NON

viernes, 29 de noviembre de 2013

DEREITOS DE TODOS: EL EXTRAORDINARIO VIAJE DE LUCIUS DUMD

Dende este magnífico libro atopamos unha fórmula máxica para cantar polos DEREITOS HUMANOS, OS DEREITOS DE TODOS.



Se queredes podedes vela no cine a partir do 5 de decembro, mentres tanto, déixovos o trailer da peli..




E, o mellor de todo, é a canción que reivindica eses dereitos que temos que respectar e aplicar.

viernes, 22 de noviembre de 2013

DIVERSIDADE / IGUALDADE

Tendo en conta as datas que estamos a pasar:

20 de novembro, DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DOS NENOS, 
e 
25 de novembro, DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

imos ver estes vídeos que nos farán pensar...








E para cantar: