"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson
Mostrando entradas con la etiqueta CDG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CDG. Mostrar todas las entradas

jueves, 2 de octubre de 2014

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS...

As laranxas máis laranxas de todas as laranxas pasou a ser a primeira peza teatral destinada ao público infantil posta en escena polo Centro Dramático Galego. Esa vella arela que un día reivindicara publicamente Cándido Pazó no nome de todos os mediadores da literatura infantil e de toda a rapazada deste país levouse a cabohai máis dunha década.

A obra que fora o primeiro premio do certame de teatro O Facho pasou a ser tamén a primeira obra representada polo CDG. Carlos Casares, o seu autor ben o merecía. O elenco, a posta en escena, a escolla da dirección (o portugués José Martíns), a música e todo o que xirou arredor desta obra constituiu unha aposta ilusionante. 

Agora, volve as táboas co CDG e Jose Caldas. Os nenos e as nenas non son sempre os mesmos e poderán espertar á ilusión e á cretividade das mans desta peza.

Esta é a guía didáctica.

SEMPRE EN GALIZA

Desde Fervenzas literarias:
"O Consello da Cultura Galega e a editorial Galaxia acaban de publicar, co gallo do 70 aniversario da edición do Sempre en Galiza, unha aplicación coa obra cumio de Castelao para dispositivos Android, Tablets e dispositivos móbiles.
A aplicación Sempre en Galiza está estruturada en diferentes apartados. Os usuarios que se descarguen a app terán acceso tanto ao libro completo como a contidos complementarios, como estudos sobre o proceso de elaboración, o pensamento político de Castelao e as ideas lingüísticas realizados por Alfonso Mato, Henrique Monteagudo, Ramón Maíz e Xusto Beramendi; os cadernos manuscritos; material sobre Castelao, que inclúe unha biografía, unha fotogalería e un interesantísimo video gravado por Elixio González en Bos Aires a partir de 1940.


Sempre en Galiza supón unha das obras máis importantes sobre a identidade galega. Publicouse no ano 1944 en Arxentina, país onde se exiliou Castelao tras o alzamento militar. O libro inclúe artigos, ensaios, conferencias, discursos xunto a material pensado especificamente para a obra por parte do político e escritor rianxeiro."
Aquí, na páxina do Consello da Cultura Galega, está o enlace para a descarga.