"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de junio de 2022

DÍA DO LIBRO EN BOA COMPAÑÍA

 Como ven sendo costume, e moi bo costume, o Mes do Libro é de obrigado cumprimento.

A proposta deste ano foi a lectura libre durante máis dunha sesiópn polas aulas.

E acompañar a lectura duns personaxes moi lectores e animados.








Contacontos á rapazada de 1ºEP


jueves, 24 de junio de 2021

DÍA DO LIBRO EN SEGUNDO DE PRIMARIA

 Animáronse a celebralo contádonos que libros lles gustan e nos recomendan, facendo marcapáxinas e visitando a Biblioteca.

1º Realización de marcapáxinas para agasallar a outro compañeiro.





2º Contacontos na biblioteca entre o alumando.






3º OS NOSOS LIBROS FAVORITOS: O alumnado presentoulle aos seus compañeiros cal éo seu libro favorito e por que é tan especial para eles.




domingo, 3 de mayo de 2020

HISTORIA CON TÍTULOS...

...seguimos a recibir aportacións do alumnado ao reto "Historias con títulos de libros".

Esta historia fíxoa Alba Failde, 5ºA, espero vos guste tanto como a nós.


martes, 28 de abril de 2020

lunes, 27 de abril de 2020

MES DO LIBRO: RECOMENDACIÓNS

Máis ideas para ler nesta época de confinamento...


Ana Gaiteiro, teacher, ofrécenos as lecturas que están a ler, e as que máis lles gustan, a ela e a súa familia: "Música no faiado", "Feminicidio", "O xardineiro dos ingleses", "La extraordinaria familia Telemacus" e, como non, unha das mellores obras en lingua galega, "Cousas" de Castelao.


A profe Milagros, de 4ºC, está a ler "Un mar violeta oscuro":


Patricia, de 4º de EI, recomenda "Terra alta", novela negra e policíaca, e "Monstruo de cores" traballando as emocións tan estremas nestas datas:


domingo, 26 de abril de 2020

sábado, 25 de abril de 2020

MES DO LIBRO: RECOMENDACIÓNS

A profe Patricia, de apoio en EI, déixanos a súa recomendación:

Como andades pequerrech@s?? Espero que moi ben!! Este é un mes moi especial, xa que é o mes do libro!!! Cantas cousiñas aprendemos con eles!! 
A min gústanme moito tantos contos.... Pero hoxe quero falarvos deste, indicado especialmente para Educación Infantil: Sopa verde.
Neste conto está a historia dun coelliño moi san o q só lle gustaban os alimentos de cor verde. Os seus amiguiños levanlle distintas comidas doutras cores, pero nada, el non quere probar. Finalmente, argallan un plan e este coelliño acaba ca barriguiña ben chea!!! 
E un conto que ademais de ver distintos tipos d animais, nos serve para practicar as cores e a asociación de número e cantidade.
Animádevos a desfrutalo tanto coma min cando teñades oportunidade. Moitos bicos e unha aperta enorme!!


Elva está lendo cos seus fillos: Antón un libro de dinosaurios con lanterna, e Martiño le "Quen ven esta noite?". Ela está lendo "Como educar en el feminismo", unha invitación a como ensinar aos nosos fillos e fillas a rexeitar os estereotipos e loitar por unha sociedade máis xusta.


jueves, 23 de abril de 2020

MES DO LIBRO: RECOMENDACIÓNS

Hoxe é o Día grande do Libro, e os nosos alumnos non deixan de recomendarnos unha morea de libros...

Lucas, este pequeno gran lector de 5º EI, que non quixo perder a ocasión para convidarnos e ler....



Ou Enzo, de 4º de primaria, que como non pode adestrar interesouse por "Los futbolísimos"


A Claudia vaille máis o misterio:




miércoles, 22 de abril de 2020

HISTORIAS CON TÍTULOS DE LIBROS

Propuxémoslle ao alumnado a posibilidade de crear historias a partires de títulos de libros que tiveran pola casa. E estes foron os resultados polo de agora...













DÍA DO LIBRO CON SEXTO DE PRIMARIA

As nenas e nenos de 6º de primaria non se queren perder este Día do Libro tan particular...
...polo que decidiron ensinarnos os libros que están a ler e que tanto lles gustan.

Vai por elas e por eles que este ano xa é o último curso no colexio...

...por eles e por elas que tantas aventuras viviron desde que puxeron por primeira vez o seu pé nas aulas...

...por elas e eles porque si, porque o merecen!!


Feliz Día do Libro (confinado)




















MES DO LIBRO: RECOMENDACIÓNS

Seguimos a recibir as recomendacións lectoras do alumnado e profesorado.

A profe Cris, de 5ºC, disfruta léndolle un contiño a un futuro novo lector... e parece que lle gusta!!


A profe Mª José, de 5º de EI, propón "Sopa verde" e "Códice calixtino" en homenaxe a Luz Pozo Garza, escritora finada nestes días


E Roi, 2ºB, anímanos a ler "La liga de fútbol"...


lunes, 20 de abril de 2020

MES DO LIBRO: RECOMENDACIÓNS

Seguimos a recibir recomendacións de libros... MOITÍSIMAS GRAZAS!!!


A profe Loli, que tamén é a Orientadora, ten unha morea de libros para falarnos deles... pero desta volta decantouse por..."Palabras de caramelo", "Besos, besos"...


E a estes dous pitufiños tamén lles gusta ler. Ángel e Lucas disfrutan cos libros e amósannos cales están a ler... e outros máis que lles gustan!!


 

sábado, 11 de abril de 2020

jueves, 2 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis xóvenes.
Cada ano, unha sección nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e se promova a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías, etc.
Este ano correspóndelle á sección de Eslovenia, que difunde a mensaxe de Peter Svetina (co título de «Fame de palabras»), ilustrado por Damijan Stepančič.




A continuación deixámosvos algúns libros que as editorias están ofrecendo de balde nestes días de confinamento. Moitas grazas!

* La A aventurera
https://issuu.com/grupoanayasa/docs/bc00332101_primeroscuentos_cast
* Lola Pimienta y el secuestrador de perros
https://issuu.com/anayainfantil/docs/los_descazadores_de_especies_perdidas_issuu
* El club de los Caníbales se zampa a don Quijote