"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson
Mostrando entradas con la etiqueta Baía Edicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Baía Edicións. Mostrar todas las entradas

jueves, 2 de abril de 2020

PROPOSTAS DE LECTURA

Baía Edicións sabe que todas e todos temos moito que ler ou reler na casa, pero co beneplácito das autoras e autores deixan unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento.
Só piden, e pedimos que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a súa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa


Para 4-6 anos:
  • Nube branca quere ser astronauta, de Pablo Nogueira e Manuel Uhía(ilustracións).
    Disfrázate, sopra, canta e salta con esta sinxela historia de superación, solidariedade e empatía, que che axudará a mellorar a pronunciación.DESCARGA.
  • Un día de treboada, de María de Mata e Mariana Riestra (ilustracións).DESCARGA.
    Por que non pode unha muller ser tractorista? Falamos de igualdade, sempre a ter en conta.
  • O dragón comemedo, RuAn (texto e ilustracións). DESCARGA.
    Este conto pode axudar a superar os medos a pequenas e pequenos, nun momento en que senten que algo estraño está a pasar, sen poder saír da casa.
Para 7-8 anos:
Para 9-10 anos:
  • Boa sorte, de María Solar, Arturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións).DESCARGA.
    Boa sorte tiña moi mala sorte. O primeiro que fixo foi nacer e xa non lle saíu ben, pois naceu de cu. Ciencia e aventura nunha única obra con divertidos experimentos.
  • Moko, Cristina Sáez Cazallas e Fernando Juárez (ilustracións). DESCARGA.
    Moko chegou ao noso planeta en 1998 para alertar os habitantes da Terra dos perigos da destrución da capa de ozono e vivir unha aventura inesquecible.
Para maiores de 12 anos:
  • A herdanza do marqués, de Conchi Regueiro e Noemí López Vázquez(ilustracións). DESCARGA.
    Zoila nin imaxinaba que un sitio como Vilacardoso podía encerrar tantos segredos escuros. Bastante fora con deixar a cidade, as vellas amizades e, sobre todo, a Jonathan.
  • Diario dunha noiteboa, de Jacobo González Outes. DESCARGA.
    Novela negra ambientada en Compostela e no segredo dun grupo de estudantes de universidade que vai ser desvelado no diario do principal acusado da morte dunha moza.
  • Liliput, de Manuel Lugrís Rodríguez. DESCARGA.
    A Coruña como pano de fondo nunha investigación xornalística na que se nos presenta unha época na que todo se desenvolve como un espectáculo de monicreques e onde ninguén pode escapar ao seu destino.