"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

jueves, 4 de octubre de 2018

AS MATEMÁTICAS NA VIDA COTIÁ

Neste novo curso imos taballar desde a Biblioteca un tema que causa dores de cabeza en moit@s alumn@s....AS MATEMÁTICAS.

Pero ímolas abordar desde todos os frentes posibles:

CURSO
TEMA
4º EI
Os números da miña vida

5º EI
Matemáticas e pintura

6º EI
Os números da miña vida




1º EP
Matemáticas na Natureza

2º EP
Matemáticas na cociña

3º EP
Mulleres matemáticas

4º EP
Matemáticas no deporte

5º EP
Monumentos e matemáticas

6º EP
Xogos matemáticos




























E ainda máis....
  • Música e matemáticas.
  • As mates no Espazo.
  • Matemáticos importantes con nee ou discapacidade.
  • Matemáticas na Historia.
  • Libros matemáticos.
  • Símbolos matemáticos.
  • Matemáticas nos contos.
Cada aula conta cun dossier, guía ou material preparado pola Biblio para que elaboren o seu traballo.

Deben cumprir con certas condicións:
  1. Expoñer nos corredores.
  2. Algo manipulable para que outros grupos poidan tocar, ver e sentir.
  3. Sempre contextualizado.

martes, 3 de julio de 2018

MAKING OFF DAS CURTAS

Este curso os grupos de 4º e 2º de primaria participaron no Plan Proxecta coa intención de dinamizar a lingua galega entre o alumnado e o resto do centro. Para iso escolleron o proxecto "Nós tamén creamos".
Nesta actividade tiñan que crear unha curta empregando a técnica do stopmotion.

Aínda que houbo algúns problemas na montaxe dunha das curtas, a actividade gustou moito, sobre todo ao alumnado participante.




  

ESCEARIOS







GUIÓNS
STORYBOARD

 





ELABORACIÓNS DE PERSONAXES











GRAVACIÓNS




miércoles, 24 de enero de 2018

POLA PAZ TEMOS QUE LOITAR

É un día, ás veces, estraño xa que observamos como cada día acontecen inxustizas que vulneran os dereitos humanos e a liberdade das persoas.

imaxe de Sergio Palau

Aínda así non queremos deixar pasar esta data sen traballar sobre ela, o que supón e o que pensan os nosos alumnos e alumnas.







jueves, 16 de febrero de 2017

PARA ROSALÍA...

Conmemoramos de novo este mes o Día de Rosalía de Castro.

Para iso, recopilamos material sobre ela e as súas obras.


Made with Padlet
SYMBALOO

martes, 24 de enero de 2017

ESCULTURAS PARA A PAZ

Xa que o noso PDI xira ó redor da escultura.....

BIBLIOTECA ESCOLAR, TERRITORIO DAS ARTES

a proposta é:

"Se a PAZ fose unha escultura.....como sería?"

Aproveitando material de refugallo e para reutilizar e reciclar, creade unha escultura que manifeste a vontade de Paz, respecto ós valores, a amizade...


 
 







ÁRBORES MATEMÁTICOS

Aproveitando as datas navideñas, algúns mestres quixeron demostrar que as matemáticas están tamén no Nadal, onde?

Nas árbores:

Así se fai esta árbore tan orixinal!



 Outros modelos:

 

Cilindros                                         Simetrías                                  Simetría e cadrados


 
Simetría e rectángulos                   Cadrado e simetrías                    Lonxitude e medida

 

Cono                                           Pirámide e rectángulos                 Papiroflexia e simetrías

CIENCIA NAS AULAS

Outro curso máis, outros experimentos novos.

Cada ano imos pasando a proposta polas aulas sobre a ciencia e os experimentos. No mes de novembro, diversos grupos, ben na súa aula ou ben nan Biblioteca, realizan demostracións científicas.

Desta vez, temos temas como a presión, a ósmose, , absorción, destilación de auga, ausencia de osíxeno, emprego do bicarbonato, gravidade...