"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

miércoles, 23 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO

Temos escrito nunha das paredes da nosa biblioteca...

Un libro: recuncho dos soños, camiño da imaxinación.

Canta verdade! A lectura é unha ferramenta imprescindible para o noso crecemento persoal. A través do libros accedemos ao coñecemento pero tamén a un mundo cheo de experiencias marabillosas coas que imos enriquecer a  comprensión de todo aquelo que nos rodea e incluso, de nós mesmos.

Por ese motivo, sempre, pero hoxe dunha maneira moito máis especial, celebramos a sorte de ter ao noso carón un libro.

Para a ocasión, contamos coa presenza de Paco Nogueiras que nos engaiolou coa súa arte de contar contos.





Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria, aínda que non son uns contacontos profesionais, tamén o fixeron moi ben. Quedan contratados!









martes, 1 de abril de 2025

II OBRADOIRO LECTURA E FAMILIA

Este luns, despois do xantar, vése que algunhas familias quedaron con fame porque, sabedes o que fixeron? Achegáronse ata o cole e coa axuda da polifacética contadora de historias, Sole Felloza, merendaron un montón de contos. Eso si, primeiro todos e todas  tiveron que poñerse  os mandís e preparar Un Menú de Contos.

Mmmmm! Qué rico estaba todo!

Grazas a Sole e ás familias por esta experiencia que esperamos repetir.