Temos escrito nunha das paredes da nosa biblioteca...
Un libro: recuncho dos soños, camiño da imaxinación.
Canta verdade! A lectura é unha ferramenta imprescindible para o noso crecemento persoal. A través do libros accedemos ao coñecemento pero tamén a un mundo cheo de experiencias marabillosas coas que imos enriquecer a comprensión de todo aquelo que nos rodea e incluso, de nós mesmos.
Por ese motivo, sempre, pero hoxe dunha maneira moito máis especial, celebramos a sorte de ter ao noso carón un libro.
Para a ocasión, contamos coa presenza de Paco Nogueiras que nos engaiolou coa súa arte de contar contos.
Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria, aínda que non son uns contacontos profesionais, tamén o fixeron moi ben. Quedan contratados!
No hay comentarios:
Publicar un comentario