O 23 de febreiro, Rosalía de Castro, a nosa escritora máis universal, cumpliría 188 anos. No cole ninguén quixo deixar pasar ese día sen rendirlle unha pequena homenaxe.
Houbo moitos e moitas que, aproveitando que o Entroido xa está aquí, decidiron disfrazarse como unha das mulleres máis representativas da literatura galega.
Que guapísimas estaban!!!
Os máis pequenos botaron man das súas dotes de artistas. Pintaron retratos, representaron poemas da escritora en cadros e ata houbo algúns que fixeron marcapáxinas.
Algúns nenos e nenas de Primaria ao ver tan fermosos cadros, tamén se animaron a pintar.
Nalgunhas aulas, Rosalía pasou a formar parte dos recunchos.
E mirade se neste cole os nenos e nenas son uns auténticos artistas, que houbo moitos que ata se animaron a facer un recital.
Bravoooo! Que orgullosa estou de ser a mascota desta biblioteca!!!