Que mellor forma de rematar as clases que cun premio! Si, os nenos e nenas de 5º A de Educación Infantil acaban de recibir un. O 1º premio da categoría 1 do programa Nós Tamén Creamos! pola súa curtametraxe, Árbores no Camiño.
A principios de curso, a editorial OQO envioulles unha ducia de contos que os cativos e máis as súas mestras leron concienzudamente. De entre todos, escolleron un, Árbores no Camiño.
A profe Mª José Fernández fixo unha adaptación do mesmo achegando a historia á nosa contorna, dándolle un papel protagonista ás nosas árbores autóctonas, en especial ao Carballo da Manteiga e, a partir de aí, todo foi crear. Velaquí o resultado.
Como premio, ademais dunha estatuiña, déronlles un fermoso saco cheíño de libros que agora forman parte desta biblioteca e que podedes ler cando queirades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario