Estas últimas semanas estamos disfrutando un montón coas diferentes sesións de contacontos.
O outro día, da man de David Rodríguez e da súa amiga Uxía, demos un paseo pola beira do mar.
David tamén nos falou, a través dunha fermosa canción composta por el, dos poderes extraordinarios que ten a súa superavoa.

E hoxe, antigos alumnos e alumnas do centro que agora están no IES Aller, en 1º de Bach, volveron lembrar vellos tempos de xogos e risas no patio contándolles contos aos máis pequenos e compartindo con eles parte do seu tempo.
Grazas a todos e a todas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario