"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

lunes, 19 de mayo de 2025

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A nosa lingua está viva nos saúdos de pola mañá, nas conversas arredor dunha mesa, nas páxinas de revistas e libros e nos contos ao pé da lareira. A nosa lingua está viva tamén nas cantigas e nas regueifas, cantigas que aínda penduran do ar que nos arrodea.

Hoxe, o Día das Letras Galegas, inspiramos profundo para embriagarnos con cada unha desas pezas ao tempo que lembramos e homenaxeamos  ás cantareiras, a todas elas, que antano cantaban mentres lavaban no río ou traballaban na leira. 

Grazas por poñerlle voz á nosa Terra. 

Ailola, pandeireteiras de Bendoiro, pandeireteiras de Zobra, Trasnos de Doade, Carballeira de Cercio, Roseira Brava, Randela, Ponte da Prata e Dezas de Moneixas, sodes as súas herdeiras e grazas a vós, as súas voces; a de Adolfina, Rosa, Eva, Manuela, Prudencia, Asunción e Teresa e a de moitas outras coma elas, seguen vivas, soando con alma e beleza.

Grazas por levar a tradición a cada romaría e a cada festa, e  por facer que os máis cativos escoiten, canten, bailen e sintan orgullo do que a nosa cultura alberga.

Non é só música. É a identidade galega.

Que nunca se cale esa forza! 
Que viva a música tradicional!
Que vivan as cantareiras!

















 

No hay comentarios:

Publicar un comentario