"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

viernes, 27 de septiembre de 2013

DÍA DA BIBLIOTECA

O vindeiro 24 de outubro celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA.
Invitámosvos a participar da celebración do mes da biblioteca con actividades propostas para o fomento e a aminación á lectura.

Atendendo ao cartaz, vedes que este ano convídannos á achegarnos á lectura de textos de carácter científico, textos litararios relacionados coa ciencia ou textos divulgativos.


BENVIDOS

Comeza un novo curso cheo de inquedanzas, novidades e moita ilusión.

Dende a Biblioteca "Xosé Neira Vilas" queremos darvos a benvida a un novo PROXECTO:

A FLORA GALEGA

Cada curso escollerá unha planta que xa específicamos a que grupo debe pertencer segundo a etapa:
  • EI:                flores
  • 1º CICLO:   herbas
  • 2º CICLO:   arbustos
  • 3º CICLO:   árbores
Montaremos un bosque, unha fraga, un parque, un xardín....
Calquera cousa pode saír destas aulas.

Xa vos irei contando.....

Saídos.......................................................BIBLIORETA