E xa sabemos.....
....Se é Nadal, cun libro ben o vamos pasar!!!
E con iso queremos dicir...que pronto volverá o Apalpador.
Pero quen é esta personaxe...ímolo coñecer un pouco.
Neste curso comezamos con novas ilusións e gañas de certa normalidade no colexio.
Como todos os cursos, proponse un tema para traballar ent odo o centro. O deste curso é "A Mitoloxía".
Vaites, canta información podemos atopar na Biblio do cole...
Os grupos animáronse con diversas mitoloxías: celta, galega, exipcia, romana, grega...se é que hai moitos seres dos que falar...por exemplo, as meigas, as pupeiriñas, os símbolos empregados polos celtas, etc.
Como vos dixen, na Biblio podedes atopar fondos, recursos e medios para atopar información...
Vide...
Na aula de 5ºA, ao alumnado de Valores Cívicos e Sociais, propúxoselle un traballo relacionado coas 7 marabillas do mundo antigo, do mundo moderno, marabillas da natureza e do arte.
O alumnado foi seleccionando o que lle gustou e comezaron a proposta.
Na biblioteca, entre os seus fondos, non so poderedes atopar libros, ordenadores, e-readers senon tamén xogos.
Invítovos, ás familias, a ler un artigo sobre a importancia do xogo a nivel neurolóxico e de senvolvemento social.
"El juego: disciplina positiva y neurociencia"
Para poder comprobarlo, hay que jugar. Por ello, os dejaos recomendaciones de juegos para este verano...o cualquier época del año.
Polas redes sociais atopamos moitas aportacións de mestres e mestras compañeiros e compañeiras que, de forma desinteresada, comparten creacións e recursos.
Neste caso, atopamos en instagram a @profe_angie15 que publica unha biblioteca virtual onde podemos ler en pdf varios libros.
Invitámosvos a que a achedes ou ben a ler desde aquí.
Animáronse a celebralo contádonos que libros lles gustan e nos recomendan, facendo marcapáxinas e visitando a Biblioteca.
1º Realización de marcapáxinas
para agasallar a outro compañeiro.
2º Contacontos na biblioteca entre o alumando.
3º OS
NOSOS LIBROS FAVORITOS: O alumnado presentoulle aos seus compañeiros cal éo seu
libro favorito e por que é tan especial para eles.
No presente curso escolar os nenos e nenas do 2º nivel partimos do visionado da película O espírtu do bosque. Nela obersvamos como un precioso bosque cheo de vida estaba en perigo debido aos intereses dos seres humanos.
A continuación realizamos a decoración da entrada da aula co noso
particular “espíritu do bosque”.
CONCIENCIACIÓN SOBRE ALGÚNS DOS ODS.
1º. Partimos da lectura e comprensión do
conto “Las lágrimas de Chiwampu”. Desta maneira axudamos a que o alumando sexa
consciente da importancia que ten a conservación, coidado e rehabilitación dos
nosos bosques (Obxectivo nº 15 de ODS).
2º. Elaboración de distintas paisaxes e animais con plastilina.
3º. Para favorecer o coñecemento e posta en práctica da Regra das 5 R e algún dos obxectivos de desenvolvemento sostidos, na aula propuxemos realizar a xerminación de diferentes sementes empregando soamente materiais de reciclaxe, como por exemplo botellas de plástico ou xornais vellos. Ademais centrándonos na reutilización de materiais, o alumando foi realizando diferentes obxectos dándolle un novo uso a obxectos de reciclaxe.
En educación infantil, relacionando os contos con curtas, tamén atoparon a súa relación con algún dos Obxectivos de Desenvolvemento Substentable.
O alumnado de 6º de infantil B realizou un teatriño cos personaxes do conto Cocorico, do cal tamén fixeran un mural...
Velaí o tedes:
Ao longo do mes de maio, en colaboración co EDLG, propúxose un libro viaxeiro a todos os niveis, tendo en conta para a historia á nosa elexida para este ano no Día das Letras Galegas: Xela Arias.
Para podelo ter sempre presente, ademais de quedar o libro na Biblioteca, fíxose unha lectura por parte de alumnado de cada nivel. Así de precioso quedou...
Sempre un libro será o mellor compañeiro de viaxe, de sesta, de soños...
FELIZ VERÁN
En Infantil non paran...pero iso xa o sabemos!!
Deseñaron e decoraron uns murais relacionados con contos:
O SOLDADIÑO DE CHUMBO