Para esta conmemoración, creáronse murais moi diversos e creativos.
martes, 27 de junio de 2023
OBRADOIROS NA BIBLIOTECA
As tardes do luns organizáronse obradoiros coa intención de coñecer outras posibilidades dentro da BE.
Entre eles: lettering, creación de títeres de dedo, marcapáxinas, tarxetas pop up, xogo de memoria, contos redondos..
...
COAS MATEMÁTICAS SEMPRE
Cada curso colabórase con IES Aller Ulloa nos proxectos do grupo KaLeKeLa. Desta volta un deles relacionaba o tema do cine. Nós buscámoslle un pouco máis...como aparecen as matemáticas nas películas.
Como todo traballo de investigación, comezaron buscando información (películas onde se falalra de mates), seelccionaron unha delas ("O Código Da Vinci") e analizaron todo o que ela podía atopar de ámbito matemático (sempre dentro do seu nivel de competencia).
E isto foi o que prepararon, e presentaron na exposición no istituto.
POLO DÍA DA PAZ, DA A MAN
Unha imaxe que reflicte a intencionalidade desta actividade.
Un mural feito con fotos de todos os membros do cole: alumnado, profesorado, persoal administrativo, coidadoras, conserxería...
E CHEGOU O NADAL
Data preferida pola rapazada...e tamén polo profesorado.
Ademais do concurso de postais, das que sairá unha gañadora de cada etapa para felicitar nestas datas á comunidade educativa, tamén se decoran portas e paredes, dando lugar a un ambiente moi navideño.
EN NOVEMBRO, CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Todo o ano, sempre debemos ter presente valores de respecto hacia os demais, e o 25-N supón unha data a ter en conta, na que debemos reflexionar sobre o que supón a violencia de xénero.
Como todos estes anos, convocamos o concunrso de cartaces "Unha imaxe, ningún maltrato máis", que despois se presentarán na actividade organizada polo Concello para conmemorar esta data.